Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Santiago que puido ser e non foi

santiago proxectado slide

As cidades están construída co que se fixo pero tamén co que se deixou de facer, eses proxectos que se apartaron e puideron mudar a faciana das rúas e barrios; Santiago non é unha excepción.

“Santiago proxectado, arquitecturas non construídas” naceu como exposición, para mostrar todo o que puído facerse en Santiago e por distintas razóns non chegou a levantarse. Construcións e proxectos que viven na memoria da cidade e, nalgúns casos, de parte da veciñanza.

Agora un libro recolle e analiza unha vintena de proxectos urbanísticos e arquitectónicos nunca realizados na historia de Santiago de Compostela, moitos deles presentados previamente na exposición homónima celebrada na Casa do Cabido entre novembro de 2023 e febreiro de 2024, organizada polo Consorcio da cidade.

Trátanse de arquitecturas plausibles, utópicas, teóricas ou rompedoras que convidan a imaxinar unha cidade distinta, composta por espazos urbanos que hoxe concibiriamos doutra maneira. 

A publicación está asinada por tres dos impulsores desta exposición: Fernando Franjo Franjo, Paula Franjo Calvo e Santiago Rodríguez Caramés. Fernando Franjo Franjo, historiador e investigador, un dos comisarios da mostra, ten unha ampla traxectoria vencellada ao estudo do patrimonio de Santiago de Compostela.

Paula Franjo Calvo é arquitecta, especializada en divulgación cultural e análise do patrimonio urbano, cunha especial atención ás relacións entre cidade, memoria e imaxinario colectivo. Santiago Rodríguez Caramés é doutor en Historia da Arte, investigador e profesor da UDC, con numerosos traballos centrados na historia urbana, arquitectónica e cultural de Galicia.  

O proxecto, coeditado por Teófilo edicións e o Consorcio de Santiago,  estrutúrase en catro grandes partes, unidas de maneira espacial e cronolóxica en relación coa historia da cidade: a Catedral e a súa contorna; a Alameda e as aperturas de Compostela; o Ensanche e os bordos do centro histórico; e os límites urbanos.

Cada bloque permite comprender como Santiago foi imaxinando o seu crecemento ao longo dos séculos, sempre en diálogo coa súa Catedral e coa forte carga simbólica da cidade. O libro, publicado en edición trilingüe (galego, castelán e inglés) inclúe máis de duascentas imaxes e como complemento fundamental textos orixinais dos colaboradores da exposición, arquitectos, urbanistas e historiadores que achegan as súas propias reflexións sobre cada un dos proxectos desta Compostela imaxinaria.

Participan como colaboradores: Álvaro Siza, Rafael Moneo, Alfredo Vigo Trasancos, Jesús Ángel Sánchez García, José Antonio Puente Míguez, Luz Paz Agras, Belén Castro Fernández, Xosé Manuel Casabella, Teresa Couceiro, Yolanda Pérez Sánchez e Antonio Maroño Cal. Santiago proxectado, arquitecturas non construídas é, en definitiva, unha chamada á imaxinación para reconstruír escenarios alternativos: percorrer unha cabeceira gótica proxectada para a Catedral, transitar por grandes vías que poderían atravesar o centro histórico ou deterse nunha gran praza urbana no que hoxe é a Alameda de Santiago.

Post navigation

Previous: O Mercado da Estrela non falta no Nadal de Compostela
Next: Rosa Crujeiras inicia a carreira polo reitorado da USC

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.