Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Santiago acollerá en setembro o I Compostela Street

compostelastreet 11 xullo 2025

Universidade, Direccións Xerais de Xuventude e Deporte, Concello e entidades privadas promoven un encontro de cultura urbana no Campus Sur da cidade.

O Campus Sur da USC será entre os días 19 e 21 de setembro o escenario do Festival Internacional Compostela Street, que se formula como un dos encontros de cultura urbana e deportes extremos con maior impacto no Estado.

A USC brinda os seus espazos para ser punto de encontro deportivo e cultural da mocidade, onde se xuntarán preto de 500 persoas competidoras que tomarán protagonismo nas diferentes probas internacionais, estatais e autonómicas de ata 10 disciplinas urbanas, como o Street Workout (campionato internacional), Breaking (campionato de España e Final da Liga Galega), Skate ou Basket 3×3.

Ademais das competicións deportivas, a programación inclúe gran variedade de propostas culturais como concertos de música urbana, certames de Beatbox (Open Nacional), Freestyle (Open Gallego) e exhibicións de Street Art, además de una zona  de talleres (Kids Área) y parques urbanos (Open Park Área) abiertos a la participación, donde se instalará una pista PumpTrack (para BMX, Skate, Roller y Scooter), un Parkour Park o una Jaula de Street Football.

En canto á oferta de lecer, o evento terá outros servizos como un Street Studio (estudo de gravación e produción musical), unha Street Barber, unha zona gastro con Foodtrucks e un Street Market que estarán situados no perímetro do estanque do campus, próximo ás pistas deportivas.

Os detalles do festival, que será de entrada libre, presentáronos este xoves no Campus Sur a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Lara Meneses Álvarez; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; e a tenente alcalde e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago, María Rozas Pérez.

Post navigation

Previous: Minas cuestiona que a veciñanza de Touro sexa “persoa interesada” no procedemento da mina
Next: O máis lido en Lindeiros do 7 ao 11 de xullo do 2025

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.