Compostela, 14 de febreiro do 2018 – O traballo realizado en Asia polo Santiago Futsal coas escolas deportivas da os primeiros froitos coa incorporación de dous xogadores de Tailandia.
Despois de instalar a primeira escola en Xapón hai 3 anos abriuse a delegación de Tailandia de cuxo éxito da mostra que dous dos xogadores con máis proxección da potente selección de fútbol sala de ese país desprazaranse a España para traballar baixo as ordes do míster Santi Valladares durante un período de dous meses.
O pivote Muhammad Osamanmusa e o peche Ronnachai Jungwongsuk serán os dous xogadores que recalen no Santiago Futsal. Muhammad, de 20 anos; procede do club Bangkok BTS; e Ronnachai de 21, forma parte do Chomburi Bluewave. Ambos son integrantes da Selección de Tailandia que dirixe o ex adestrador do club galego José María Pazos ‘Pulpis’, quen se encargará da adaptación dos xogadores en Santiago de Compostela.
Ademais, o club galego tramitou a licenza do pivote Muhammad Osamanmusa, polo que poderá ser convocado por Santi Valladares se o técnico estímao oportuno.
A presentación do acordo realizarase a vindeira semana en Tailandia, onde se desprazará o director xeral do Santiago Futsal Miguel Fernández para reforzar o acordo de colaboración entre a federación tailandesa e o Santiago Futsal e que permite a chegada destes dous xogadores.
Muhammad e Ronnachai súmanse á lista de xogadores internacionais que traballaron no Santiago Futsal, como xa o fixo en 2011 Shupawut; pivot do Chomburi Bluewave.