Bisbarra, 15 de outubro do 2018 – Sorte desigual para os equipos galegos na segunda división nacional do futsal, mentres que o Noia gañaba por un contundente 5 a 0 O Santiago caía 3 a 4 a seis segundo do final.
O Noia gaña en Elxe
Necesitado de vitorias chegaba o Noia Portus Apostoli a Elxe e acabou gozando do futsal. Cinco a cero foi o resultado final dun encontro no que aos poucos o Noia foise facendo co partido. Juan Puertas, Christian Chaox2, Xuxa, Jorge Belo foron os goleadores da xornada. O equipo mantivo a intensidade durante os 40 minutos e acabou a primeira parte cun solitario gol no marcador que, de todos xeitos, os poñía por diante. No comezo da segunda parte Xuxa pon o segundo no marcador e encamiña a vitoria. O Noia seguiu dominando e acabou por conseguir por medio de Christian o terceiro o que levaba ao Elxe a buscar solucións con porteiro xogador. No minuto 34 anúlaselle un gol aos locais pero o Futsal, incluso cun home menos por dobre amarela de David Palmas, era quen de marcar dous tantos máis e rematar o encontro co xa mencionado 5 a 0.
O Noia atópase tras esta xornada no posto 14, o primeiro dos de decenso, cos mesmos puntos que o Gran Canaria no posto 15 pero con dous goles en contra menos.
Ao Santiago Futsal sobráronlle 6 segundos
O Santiago Futsal enfrontouse ao líder da liga sen perderlle a cara nin un só momento e a falta de 6 segundos encaixou un gol que inclinaría a balanza a favor do Betis. Foi un partido intenso por parte de dous conxuntos que arriscaron todo ata o final. O encontro en Santa Isabel estivo marcado pola alternancia de posesión de dous equipos que propuxeron xogos moi diferentes, pero que ningún quería perder. Os béticos adiantáronse no marcador anotando o 0-1 ao minuto do asubío inicial. Os locais igualarían grazas a un gol de Alberto no 3, e mesmo mandarían no luminoso tras o tanto de Zequi no 10′. Antes do descanso, os sevillanos equilibraron a contenda co 2-2. No 23′ chegou 2-3 nunha xogada de infortunio local pero dez minutos máis tarde Santi equilibrou a balanza 3-3. A falta de 6 segundos para o final Víctor López rompeu o partido co cuarto tanto visitante que serviu para que os béticos levasen os 3 puntos de Compostela.
O Santiago Futsal quédase na oitava posición da táboa con 6 puntos, empatado con catro equipos que o seguen por detrás, e a dous do Córdoba no posto sete.