Compostela, 4 de agosto do 2017 – O Santiago Futsal e a que ata o de agora fora a sección feminina do equipo, A Gaiola, non continuarán colaborando xuntos tras acordar unha desvinculación entre ambas as partes.
No momento do devandito acordo reinou a boa sintonía entre as dúas entidades deportivas, tras catro anos de colaboración que foron moi frutíferos.
O director xeral do Santiago Futsal, Miguel Fernández declarou “Foron catro anos moi positivos, e a nosa primeira experiencia no fútbol sala feminino. Agradecemos enormemente o traballo e a colaboración da sección feminina A Gaiola connosco. Estaremos á súa disposición para o que necesiten”. “Queremos agradecer ao Santiago Futsal o confiar en A Gaiola para facer historia, creando a súa primeira sección feminina. A pesar de separar os nosos camiños nesta sección, para poder adaptar os obxectivos a cada club, seguiremos mantendo a vinculación, contando cun equipo xuvenil en categoría nacional e colaborando en diferentes iniciativas ao longo do ano, ademais de manter o noso apoio desde a bancada nos partidos do primeiro equipo” dixo Manuel Reimóndez, coordinador da Gaiola.
Pola súa banda, o Santiago Futsal manterá un equipo feminino nas súas categorías basee que competirá en categoría local. Todas aquela xogadora interesadas en formar parte do club, poden poñerse en contacto co Santiago Futsal na dirección de email administracion@santiagofutsal.com ou no número de teléfono 981 11 50 38.