Compostela, 30 de abril do 2018 – O último partido do Santiago Futsal en Sar despediu 15 anos de traxectoria na primeira división cun empate ante o Peñíscola RehabMedic (2-2).
Para este partido tan especial ante o Peñíscola o Santiago Futsal quixo que en adeus realizarán o saque de honra dúas das xogadoras dos equipos de Psicomotricidade en representación dunha canteira que non fai máis que crecer compartindo unha identidade común.
Tras o saque de inicio os equipos. sen nada que en xogo nesta última xornada, tuteáronse nuns primeiros instantes sen grandes ocasiones pero con moito movemento de balón en media pista. Iago Barro mostrábase solvente nos contados tiros que os castellonenses efectuaban sobre portería local, mentres que Iván Reverter frustraba as chegadas de Álex Verdejo e David Palmas que gozaron das máis claras para os seus en chegadas á contra.
No debut do xogador Muhammad Ossamanmussa coa elástica branca, o á tailandés demostrou grandes dotes co balón e moita calidade en última liña apurando ata o final boas e claras ocasións de gol. Non chegou a rematar de cabeza un balón ao segundo pau deixado por Santi no ecuador do primeiro ato, pero si aproveitou un balón recolleito tras saque de esquina no 14′. Manobra de control á media volta e remate axustado á escuadra onde non puido chegar o meta visitante Iván Reverter para anotar o 1-0 local. Co marcador favorable aos locais chegaríase ao tempo de recreo no Fontes do Sar.
Puido aumentar a conta os locais no regreso de vestiarios nunha acción de Zequi na que se atopou a Molina no man a man dentro da área. Sen grandes alardes nas accións ofensivas, Juan Emilio anotou o tanto do empate para os seus no 29. Cando o encontro aproximábase ao seu últimos cinco minutos, outra xogada en estratexia supuxo o segundo tanto do Santiago Futsal asinado por Armando tras recoller dentro da área un balón cedido por Antonio Diz desde o cuadrante de esquina. Minuto 35 e de novo o partido volvía estar favorable para os intereses locais. No 37′, e con porteiro-xogador de Peñíscola RehabMedic, Terry puxo o 2-2 definitivo.
Último punto na conta do Santiago Futsal na presente tempada; última tamén no primeiro período do club santiagués na elite de fútbol sala nacional.
Ficha do partido
Santiago Futsal: Iago Barro, Álex Verdejo, Isma, Everton e Antonio Diz -cinco inicial- David Palmas, Zequi, Catela, Santi, Armando e Muhammad Ossamanmussa
Peñíscola RehabMedic: Iván Reverter, Carlinhos, Terry, Rubén Orzéz e Juan Emilio -cinco inicial- Lucas Birlo, Iván Rumbo, Iago Rodríguez, Bagatini, Rabisco, Esteban e Molina
Incidencias: Partido correspondente á 30ª xornada de Liga celebrado no Multiusos Fontes do Sar cunha asistencia aproximada de 700 persoas.
Árbitros: Díaz Rodríguez e García Hernández.
Goles: 1-0 min. 14 Muhammad Ossamanmussa “ Med; 1-1 min.29 Juan Emilio; 2-1 min.35 Armando; 2-2 min.37 Terry;