Compostela, 9 de xuño do 2022 – O concello de Santiago presentou esta semana o ciclo de teatro amador “Fega teatro” que comeza este venres e que se desenvolverá nos centros socioculturais da cidade.
Chelo Pampillón e Ana Rodríguez, presidenta e vicepresidenta da Federación Galega de Teatro Amador, FEGATEA, xunto co concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, e a coordinadora do programa, Sandra Quintana, foron os encargados de avanzar a programación.
O ciclo comeza este venres 10 no Centro Sociocultural de Lavacolla, e rematará o 10 de decembro no Centro Sociocultural de Santa Marta. Ao longo destes meses levaranse a cabo dez funcións para todos os públicos.
O obxectivo deste ciclo é ampliar a oferta cultural, e contribuír á creación de novos públicos, chegando a espazos tanto do urbano como do rural que non teñen una programación teatral estable.
Esta iniciativa foi desenvolvida polos departamentos de Acción Cultural e Centros Socioculturais do Concello de Santiago en colaboración coa FEGATEA, a Federación Galega de Teatro Afeccionado, co propósito de achegar o teatro afeccionado a toda a veciñanza.
Primeiras citas
A primeira obra que se representará, a cargo da compañía “A Tequerreté Teatro”, é “Confinad@s”. A cita é o venres, 10 de xuño, ás 18:30 h. no CSC de Lavacolla. E o venres, día 17, tamén ás 18:30 h no CSC de Figueiras, “Teatro Paso de Valverde” presenta “Ultrasónica