Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Santiago Centro regala este Nadal 50 bonos de 50€ na súa app de fidelización

A asociación de comerciantes do Ensanche, Santiago Centro, celebra este ano o Nadal cun sorteo na app de compras.
santiago-centro-sorteo-slide-27-decembro-2023-1_r

Compostela, 27 de decembro do 2023 – A asociación de comerciantes do Ensanche, Santiago Centro, celebra este ano o Nadal cunha nova campaña na que é protagonista a súa aplicación de fidelización, Santiago Centro Vip.

O Centro Comercial Aberto sorteará 50 bonos de 50€ en saldo para a app entre as compras que se rexistren na mesma entre o antes do 5 de xaneiro. A iniciativa conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.

Para participar só é necesario descargar gratuitamente a aplicación, dispoñible tanto para dispositivos iOS como para Android, e rexistrar un usuario. Unha vez o cliente ten creado e activado o seu perfil, só ten que escanear co móbil o código QR que se mostra no establecemento adherido no que merque, para que a compra quede rexistrada.

Por cada compra superior aos 10€ entrará no sorteo dos 50 bonos de 50€, que se realizará pasado o día de Reis. Na propia app atópase unha listaxe das tendas nas que pode utilizarse Santiago Centro Vip. Cantas máis compras se rexistren, máis posibilidades existen de conseguir un dos bonos.

Todos os sectores representados

A campaña quere servir como aliciente para que o público visite os establecementos do Ensanche de Santiago nunhas datas fundamentais para o comercio de proximidade. A través da aplicación Santiago Centro VIP pódese acceder a descontos e ofertas e acumular vantaxes en establecementos de moda, calzado, roupa infantil, deporte, óptica, papelería, alimentación, electrodomésticos, complementos e, por suposto, agasallos para o Nadal.

 Máis información sobre as bases do sorteo no seguinte enlace.

Post navigation

Previous: Santiago (é) Tapas 2024 segue promocionándose co reparto de manteis
Next: Silleda incrementa  o orzamento do Programa de Atención Integral a Persoas con Alzheimer

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.