займ срочно

Santiago Centro recupera o proxecto expositivo PASEARTE

0

Compostela, 7 de abril do 2022 – A Fundación Santiago Centro recupera, tras a pandemia, o evento Pasearte que leva aos escaparates pezas de catro galerías de arte da cidade.

Esta cuarta edición de Pasearte chega en primavera a diferenza das tres anteriores que se celebraron en Nadal. O obxectivo e non deixar pasar tanto tempo desde a última mostra e aproveitar para apoiar as visitas aos comercios nun contexto tan complicado como o actual.
Javier Blanco, director da Galería Metro, explica as características de esta edición

Blanco lembra o complicado que foi por en marcha a primeira edición e como co paso de tempo a implicación dos comercios foi cada vez maior

Pasearte está aberta ata o 30 de abril con obras de artistas galegos e internacionais de primeira fila como Antonio Murado, Din Matamoro, Xosé Freixanes, Chema Madoz ou Julia Huete.
Talleres e visitas guiadas complementan a exposición, que conta co apoio da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial da Coruña e do Concello de Santiago.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies