Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Brión

Comeza Santa Minia con melloras nos servizos

O Concello de Brión abre uns aseos no baixo do palco da música da carballeira de Santa Minia

brion aseos santa minia 25 setembro 2026

Brión, 25/09/2026 – Hoxe comeza a Romaría de Santa Minia que durará ata o vindeiro domingo, Faino inaugurando un novo servizo para a veciñanza e os visitantes dunha das festas con máis sona da bisbarra.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, e a presidenta do GDR Terras de Compostela, Guarina Rey, inauguraron este xoves as obras de mellora e posta en valor do palco da música da carballeira de Santa Minia, unha actuación que supuxo un investimento de 48.354 euros. O proxecto contou cunha axuda de 28.224 euros procedentes da Xunta de Galicia, a través do GDR Terras de Compostela e dentro da iniciativa Leader.

A actuación máis importante foi a construción de tres aseos públicos na parte inferior do palco, anteriormente empregado como arquivo. Tres baños (homes, mulleres e un terceiro adaptado para persoas con mobilidade reducida) que “darán servizo aos veciños e veciñas de Brión, especialmente durante a celebración dos mercados tradicionais dos martes como durante a próxima Romaría de Santa Minia”, apuntou Pablo Lago.

Uns aseos públicos que poderán usarse xa nesta Festa de Santa Minia, en horario de 9:00 a 23:00 horas. Os novos baños públicos do palco da música reforzarán os baños portátiles que se instalan todos os anos en distintos puntos do campo da festa.

Promoción local

A maiores, a actuación incluíu a mellora do estado exterior do palco da música e a incorporación de paneis divulgativos móbiles, “que servirán para promover os recursos turísticos de Brión e difundir información sobre os recursos e produtos da contorna nos mercados semanais que teñen lugar a carón da carballeira e para promover eventos como a Feira Labrega, que celebramos a semana pasada”, puntualiza Guarina Rey.

Á apertura dos novos aseos públicos contou coa participación dos concelleiros de Obras e Cultura, José Antonio Vidal e Sandy Cebral, así como da xerente do GDR Terras de Compostela, Chefa Fernández; e a arquitecta municipal, Mónica Arias, autora do proxecto de mellora.

Post navigation

Previous: A Igrexa da Universidade acollerá o ciclo “Sons de Peto”
Next: O Ateneo conmemora o 110 aniversario do pasamento de Alfredo Vicenti

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.