Ordes, 14 de agosto do 2018 – Tal e como acontecera xa na pasada edición a S.D. Santa Cruz de Montaos acadou a vitoria no III Trofeo Concello de Ordes.
O Trofeo celebrouse esta pasada fin de semana co gallo das festas patronais de Santa María. En segunda e terceira posición quedaron a A.D. Vila de Ordes e a S.D.C. Órdenes.
José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, alcalde e concelleira de Deportes foron os encargados de entregar os trofeos.