Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Santa Comba
  • Xeral

Santa Comba traballa nunha xornada astronómica no monte San Bartolomeu

O 12 de agosto coincidirán o eclipse solar e as Perseidas e Santa Comba quere aproveitar a ocaisón para desenvolver unha xornada astronómica.

santa comba xornada astronomica 4 marzo 2026

Santa Comba, 4/03/2026 – Aínda faltan uns meses pero todos os concellos teñen a mirada posta no eclipse de sol do mes de agosto. Santa Comba non é unha excepción e súmase a Arzúa no traballo de preparar unha xornada especial en esa data.

O 12 de agosto o Monte San Bartolomeu acollerá esta cita tan especial. Unha data na que coinciden

un eclipse solar e a chuvia de estrelas das Perseidas (Bágoas de San Lourenzo). A concelleira de Turismo, Noelia Baleato Toja, xunto co técnico municipal José Manuel Vázquez, mantivo unha reunión de coordinación co profesor José Ángel Docobo, catedrático de Astronomía da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador científico do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, entidade que colaborará activamente no desenvolvemento da cita.

A implicación directa do Observatorio Astronómico Ramón María Aller e da Universidade de Santiago de Compostela supón un respaldo científico de primeiro nivel para Santa Comba. Trátase dunha colaboración puntual e altamente cualificada, que non se estende de maneira habitual a numerosos municipios, polo que o Concello valora de maneira especial dispor da data reservada na axenda do equipo investigador para a celebración deste evento.

Unha aposta consolidada pola astronomía

Santa Comba leva anos desenvolvendo unha estratexia sostida arredor da astronomía e da divulgación científica. Foi un dos primeiros concellos galegos en impulsar programas específicos como TodoCosmos, orientados á aproximación da ciencia á veciñanza, e consolidou a xa coñecida Ruta das Perseidas, que cada verán reúne centos de persoas na contorna da Capela de San Bartolomeu.

Esta traxectoria continuada explica que o municipio conte hoxe cunha programación estable neste ámbito e cun recoñecemento crecente como espazo axeitado para a observación astronómica.

O Monte de San Bartolomeu presenta características idóneas para a observación: orientación panorámica de 360 graos e baixos niveis de contaminación lumínica.

Estas condicións permitirán seguir o eclipse solar coas debidas medidas de protección e, posteriormente, a observación das Perseidas e das principais constelacións de verán. A xornada terá carácter divulgativo e familiar, combinando explicacións científicas, observación guiada e actividades complementarias. O Concello dará a coñecer nas próximas semanas o programa detallado e as recomendacións técnicas para garantir unha asistencia segura.

Post navigation

Previous: Adega abre unha campaña para salvar ó salmón galego
Next: A Pobra reivindica unha ‘Igualdade real, xa!’ no marco do 8M

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.