Santa Comba, 10 de xullo do 2020 – O concello de Santa Comba segue na procura de conseguir levar a fibra óptica a toda a contorna municipal.
O alcalde, David Barbeira, mantiña onte, según as publicacións nas redes sociais do concello, unha reunión con responsables de Telefónica para desenvolver o despregamento da fibra óptica en Santa Comba.
Na videoconferencia abordáronse os prazos para a conclusión da fase implantación desta infraestrutura tan necesaria para os usuarios do Concello. Segundo os responsables técnicos da compañía, o proceso debería estar finalizado nos próximos dous anos.
Un prazo excesivo según algúns dos comentarios e que se volve aínda máis precario ante a incerteza tras a crise sanitaria. A posibilidade de comunicacións axeitadas ante o inicio do vindeiro curso é unha reivindicación repetida en todos os concellos.
Máis velocidade de datos
A fibra óptica ten unha implantación en Galicia nos principais núcleos urbanos, quedando pendente desde hai tempo o rural.
Trátanse de cables pouco máis grosos cun cabelo humano que permiten unha transmisión de datos moito máis ampla e, en consecuencia, o uso de internet dun xeito áxil para descargada de datos ou videoconferencias. Sen unha boa conexión o tele traballo ou a escola desde casa é practicamente imposible.