Santa Comba, 21 de maio do 2020 – Protección Civil de santa Comba retirou nos últimos días o vertedoiro incontrolado das Gargas.
O vertedoiro situado nunha zona entre os núcleos de O Terroal e Portochán púidose coñecer grazas a unha denuncia veciñal. O lugar acumulaba centos de garrafas de aceites e outros líquidos de mecánica agrícola, así como filtros, electrodomésticos e outros materiais, que foron levados ó Punto Limpo de Santa Comba onde se procederá ó seu tratamento.
Policía Local e a Garda Civil, iniciaron realizan investigacións para poder localizar ós causantes do vertedoiro. O concello agradece a colaboración cidadá para poder descubrir e eliminar este tipo de situacións que afectan á veciñanza e ao medio ambiente.