Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

Santa Comba reduce a débeda en 1,6 millóns de euros

A redución de 1,6 millóns de euros nun ano deixa a débeda de Santa Comba en 1,21 millóns de euros

Santa Comba: O Pleno aproba o POS+ adicional 4/2025 e a modificación da ordenanza dos madeireiros

As veces pódese pensar que os concellos teñen liberdade para gastar sen límite pero a xestión económica dun concello é fundamental. O de Santa Comba nas eleccións do 2023 debía 2,8 millóns de euros.

Unha cantidade como esta supón que moitos servizos, pequenos comercios e empresas que traballan para o concello ou mesmo autónomos estean sen cobrar. A débeda pode tamén derivar en sancións ou xuízos que supoñan pagar xuros a maiores.

Santa Comba ven de facer un esforzo de aforro que reduciu a débeda municipal en 1,6 millóns de euros. Aínda así quedan pendentes 1,21 millóns o que da unha idea da situación económica na que se atopaba o concello.

Estas cifras corresponden á conta xeral do ano 2024, aprobada no pleno municipal. O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, dicía que “O benestar da veciñanza ten que estar por riba dos partidos políticos e traspasar lexislaturas. Grazas a unha boa xestión económica, reducimos a débeda do Concello en 1,6 millóns de euros, o que nos permite seguir estabilizando as contas municipais”.

Alberto Romar é moi crítico coa actuación da súa predecesora no cargo e considera que “entidades supramunicipais deberían vixiar” a actuacións dos concellos, sobre todo en anos electorais. “O acontecido en Santa Comba no ano 2023 é moi grave, gastar moi por riba do orzamento real para gañar unhas eleccións tiña que estar vixiado e prohibido ”.

O alcalde tamén critica que na Comisión Especial de Contas celebrada o pasado 2 de xaneiro, na que se analizou a conta xeral de 2024, só estiveran presentes os tres representantes do PSdeG, Carlos Turnes, Pablo Negreira e Alberto Romar, que preside a comisión, e un do PP. “Polo Partido Popular so acudiu Rafael Liñares, “mentres que a ex alcaldesa, María Pose, ausentouse da comisión sen aviso nin xustificación”, asegura Romar.

Post navigation

Previous: Preocupación en Compostela polo “menudeo” de droga
Next: Programación de febreiro no Museo do Pobo Galego

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.