Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Santa Comba
  • Xeral

Santa Comba acolle o proxecto europeo “Xuventude e democracia”

O concello de Santa Comba acolle desde este venres a iniciativa europea “xuventude e democracia: empoderar á próxima xeración de Europa”.
Casa consistorial de Santa Comba

Casa consistorial de Santa Comba

Bisbarra, 1 de febreiro do 2024 – O concello de Santa Comba acolle desde este venres a iniciativa europea “xuventude e democracia: empoderar á próxima xeración de Europa”.

Delegados de 18 países levarán a cabo sesións de traballo, visitas e actividades variadas dirixidas a tecer redes entre comunidades diversas.  O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, amosase “extremadamente satisfeito de que fondos tan importantes e difíciles de conseguir como os do programa CERV – Rede de Cidades sexan xestionado por un concello do rural como o noso”.

Romar destaca que este tipo de proxecto abren moitas posibilidades  “Por un lado achegar Europa, as súas institucións e a súa xente, ao noso pobo. Por outro fomentar as múltiples posibilidades de colaboración, intercambio e promoción tanto idiomática como cultural entre países e realidades diferentes coas que doutro xeito sería moi difícil que se coñeceran”.  

A axenda deste primeiro evento, dunha serie de seis que se repartirán noutras localidades europeas, comezará cun acto aberto a toda a veciñanza, o sábado a partir das 11:30 no Auditorio Multiusos de Santa Comba. En este acto asinarase o acordo entre os distintos países no que tamén tomará parte o eurodeputado Nicolás Casares.

Previamente, o venres, a delegación, acompañada por alumnos do IES Terra de Xallas encargados de facer a presentación de España como anfitrión, visitará a sede da Deputación da Coruña onde, entre outras dinámicas de traballo, terá a oportunidade de afondar no coñecemento dos distintos programas que Europe Direct dedica á xuventude, aos intercambios e á promoción das institucións europeas. 

Santa Comba empezará así, como anfitriona e promotora, unha serie de eventos que terán parada ao longo de 2024 e 2025 en Hungría, Portugal, Croacia, Bulgaria e Malta, coa finalidade de difundir os valores europeos e, como anticipa o lema do proxecto, empoderar á xuventude fomentando o intercambio e o traballo conxunto co obxectivo de achegar a filosofía da Unión Europea e crear vínculos entre institucións e asociacións dos países participantes no proxecto. 

Post navigation

Previous: Vedra presentou as XVIII Xornadas Arredor da Camelia
Next: Un ano despois Castrofeito, en O Pino, segue sen parada de bus

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.