Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

Santa Comba non atopa consenso cos traballadores do SAF

A empresa do SAF en Compostela retrasa a paga da extra de xullo e o xustifica con problemas de tesourería

Bisbarra, 21 de outubro do 2024 – O Servizo de Axuda no Fogar, (SAF) estase a converter nun problema moi serio para os concellos, a demanda crece ano a ano e os recursos non suben no mesma proporción.

Santa Comba leva meses negociando cos traballadores para atopar un equilibro entre os dereitos dos empregad@s do SAF e as necesidades do servizo. As condicións son precarias desde hai anos e o equipo de goberno, saído das últimas municipais, trata de negociar cos representantes sindicais unhas condicións que convenzan a todos.

Desde o concello explícase que “tras continuas reunións e intentos de acordo tanto en xuntanzas informais coma en mesas de negociación coas diferentes centrais sindicais, o Concello de Santa Comba vese forzado a tomar medidas para intentar mellorar unha situación xa enquistada respecto do SAF”.

As citadas reunións non conseguiron chegar a pactos que aceptaran ambas as dúas partes. En este punto o equipo de goberno decidiu “establecer quendas que respecten a xornada semanal tal como determina a normativa vixente para a administración xeral do Estado”.

A última mesa de negociación co SAF celebrouse o pasado día 18 e  o consistorio presentou unha proposta para a retribución das horas extra, o tempo dos recoñecementos médicos, horario de verán, fins de semana e festivos. Unha decisión que só no mes de outubro suporá un investimento de 25.000 euros.

O concello, dada a situación. Insta á Xunta de Galicia “a que atenda na menor brevidade posible as xa numerosas solicitudes presentadas para concertar unha reunión e abordar as problemáticas, así como para que revise a súas achegas e financiamento,  algo co que a institución autonómica se comprometera o pasado mes de xuño”.

A concelleira de Servizos Sociais, Estefanía Calvelo,  tamén fai fincapé na necesidade de que  dende as institucións autonómicas e estatais se cumpra o previsto na Lei de Dependencia para que o 100% do custo do SAF sexa asumido pola Xunta e polo Ministerio tal e como defende a FEGAMP, xa que é inviable que os concellos sigan asumindo competencias impropias que afogan economicamente e hipotecan as administracións locais incrementando o capítulo de persoal por enriba do 50% nos orzamentos.

Post navigation

Previous: Andaina do Terror 2024
Next: XXIII Festa da Castaña de Breixa

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.