Bisbarra, 2 de novembro do 2023 – A Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) desenvolverá esta fin de semana unha serie de obradoiros de cultura urbana en Santa Comba.

A actividade de FAGAMOS leva por título “Cultura Urbana On Tour” e trátase dunhas xornadas itinerantes que xa pasaron por Noia ou Negreira e que, tras Santa Comba, estarán o día 26 en Melide.
Coa cultura urbana coma ferramenta o obxectivo é traballar diferentes temáticas de interese social (a diversidade familiar, a igualdade, a corresponsabilidade,…) a través de obradoiros de parkour, cap paint, rap e graffiti.
Estas actividades van dirixidas a nenos e nenas de 8 a 16 anos. Nelas fomentarase a expresividade de ideas e inquedanzas a través da creatividade. A cita terá lugar en Santa Comba este sábado 4 de novembro no Recinto Ferial, en horario de 17:00 a 19:00 horas.
O espazo está aberto a todas as familias, con prioridade de acceso a nenos e nenas de familias monoparentais, familias con mulleres vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de risco de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.
Información e inscricións na web fagamos.com
Haberá unha mesa informativa para aquelas persoas adultas que queiran achegarse a coñecer como solicitar o recoñecemento da condición de familia monoparental en Galicia ou calquera outra duda sobre este modelo familiar.
“Cultura urbana On Tour” é unha actividade desenvolta na actuación “Currunchiños de Conciliación” do proxecto “Facemos Corresponsabilidade 2023” no marco do Plan
Corresponsables, coa financiación do Ministerio de Igualdade e a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. A actividade estará impartida por Vella Escola coa colaboración do Concello de Santa Comba.
Contacto: info@fagamos.com – Tfno: 633.817.849 – www.fagamos.com