Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

O festival Norte Cinema Diverso chegará a Santa Comba

santa comba festival cinema norte slide 3 febreiro 2025

Bisbarra, 3 de febreiro do 2025 – Santa Comba será o primeiro concello ao que se amplíe o Festival de cine LGTBQ+ Norte Cinema Diverso.

O festival, en colaboración co concello de Santa Comba, celebrará o sábado 8 de febreiro unha xornada de cine e debate que incluirá a proxección da película “Te estoy amando locamente” e un coloquio posterior coa participación dos codirectores do certame, Fernando Cayazzo e Fito Ferreiro.

A concelleira de Cultura e Educación de Santa Comba, Patricia Val, dixo sentirse tremendamente orgullosa e engadiu que “Esta iniciativa alíñase cos nosos valores. O cine transmite mensaxes que son vitais para a nosa sociedade: inclusión, diversidade e formación persoal a través dos referentes do propio cine. Agardamos que esta rede, que imos conformando concellos, asociacións e persoas, siga medrando cada ano para crear alianzas e espazos amigos para a comunidade LGTBIQ+”

A película dirixida por Alejandro Marín e protagonizada por Omar Banana, Ana Wagener, La Dani e Alba Flores, foi finalista en cinco categorías dos Premios Goya en 2024. A cinta recolle os inicios do movemento LGTBIQ+ en España tras a morte do ditador Francisco Franco. Na súa banda sonora figura o tema “Yo solo quiero amor” de Rigoberta Bandini, Goya á mellor canción orixinal.

A entrada ao auditorio do Multiusos de Santa Comba será de balde ata completar aforo. “Parécenos moi importante que se mostren as realidades LGTBIQ+ máis alá das cidades. Existimos en todos os lugares. Norte Cinema Diverso é unha celebración do cine, pero unha celebración reivindicativa na que poñemos o foco en axudar a visibilizar o colectivo a través da sétima arte”, comenta Fernando Cayazzo. A proxección empezará ás 20:30 horas.

O festival Norte Cinema Diverso chega este ano á terceira edición. Celebrarase no Teatro Colón da Coruña do 20 ao 22 de febreiro.

Post navigation

Previous: Rois e Dodro reclaman pediatra
Next: Filloas e cocido, unha alianza natural

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.