займ срочно

Muuuuuita Festa en Santa Comba o cinco de xuño

0

Santa Comba, 31 de maio do 2022 – O concello de santa Comba presentou un evento en torno ao mundo da vaca co nome de Muuuuuita Festa que se celebrará o vindeiro cinco de xuño.

A relación de Santa Comba coa vaca é moi forte, tanto como a de Arzúa co queixo, a de Padrón co pemento ou a do Roncudo co percebe. Aínda que a capital xalleira alcanzou xa a vixésima edición da Poxa de Frisoas o concello decidiu impulsar con Muuuuuita Festa  esta unión coa gandería.

O próximo domingo, 5 de xunio, Santa Comba será a capital da vaca. Xa nas vésperas funcionará durante todo o día un tren turístico con un percorrido por parte do municipio, que se estenderá ó día grande da esmorga que promete ser unha tolería de actividades no entorno do campo da feira.

A xornada comezará ás dez da mañá coa inauguración dun enorme mural na honra da frisoa feito por Mutante Creativo na fachada lateral dun céntrico edificio e que de seguro que asombrará a moitos veciños.

Desde ás once o recendo á carne inundará o recinto do campo da feira que estará cuberto con unha carpa. O chef local Aurelio Vázquez, de Casa Aurelio, ensinará os segredos para cociñar distintos cortes de carne de tenreira tanto á brasa como á prancha nun shocooking que promete ser moi interesante.

Será ás doce cando empece o espectáculo gastronómico. O espazo denominado Gastrovacún abrirá as súas portas para ofrecer a todos os que se queiran achegar a Santa Comba empanada de tenreira con pementos e carne ó caldeiro a esgalla e café de pota coas gotas de rigor.

Os maiores do municipio terán unha invitación de balde e o resto de asistentes deberán aportar tres euros para ter dereito as racións. Os que non dispoñan dun horario moi axeitado para acudir á Muuuuuita Festa non van ter desculpa porque a carpa do xantar servirá comida de seguido ata ás oito da tarde.

Ó mesmo tempo abriranse as casetas dispostas para que varios artesáns amosen en vivo o seu bo facer mentres que no stand da Frisoa Parade traballará Cestola na Cachola pintando unha vaca a tamaño natural que despois se instalará nunha das aldeas de Santa Comba.

Un dos pratos fortes do programa terá lugar ás doce e media do mediodía, cando o presentador do programa Luar da TVG, Xosé Ramón Gayoso,  lea un manifesto dedicado á vaca momentos antes de proceder ó nomeamento dos primeiros membros da Orde Xalleira da Vaca, que reúnen méritos dabondo para recibir a distinción, que será, ademais do diploma, un zoco de pel de vaca elaborado por Elena Ferro, gañadora do Premio Nacional de Artesanía 2019 concedido polo Ministerio de Industria.

Apenas unha hora máis tarde os membros da agrupación folclórica xalleira Axio Mouro, que reúne xente de todas as idades procedentes na súa maioría de Santa Comba, deleitarán a todos os asistentes coas súas habilidades coa música do seu grupo de gaitas a as pandereteiras máis os bailes tradicionais da nosa terra.

E non hai mellor hora para o café que ás tres da tarde. Será nese momento cando Óscar de Toro, barista e propietario do café Venecia de Santiago, protagonice unha clase maxistral para ensinar, sobre todo, a facer un café de pota diferente e da forma correcta e o xeito de manexar a cafeteira italiana, amosando os secretos para que o café non se queime e indicando ademais que tipo de leite combina mellor con cada un  deles.

E as cinco da tarde será unha hora a ter moi en conta para todos aqueles que queiran asombrar na súa casa ós invitados facendo unha sobremesa digna dos mellores chefs. Porque nese momento o chef local Manuel Costiña, que está ó fronte do Retiro da Costiña, restaurante con unha Estrella Michelín e 2 Soles na Guía Repsol, explicará paso a paso como elabora o seu novo postre chamado Terra e que xa está  na carta do seu local. 

Din que as cousas boas fanse esperar. E así será tamén nesta Muuuuuita Festa, na que a partir das seis da tarde a música de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre farán bailar a máis de un ou polo menos axudará a que movan os pés ó ritmo da melodía. Será todo un espectáculo con dez músicos en escena para un directo moi poderoso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies