Bisbarra, 13 de febreiro do 2024 – O concello de Santa Comba e Augas de Galicia colaboran na limpeza de espazos fluviais de especial relevancia para o concello.
Este plan de limpeza comezou nos meses de outubro e novembro pasado cando, desde o departamento de turismo de Santa Comba, elaborouse un proxecto de identificación de espazos fluviais.
Tratábase de identificar aqueles lugares que precisaban dunha intervención de limpeza para previr inundacións e recuperar o bo curso das canles dos ríos Xallas, García, Abuín e Guisande. O traballo de campo e o plan estratéxico plasmáronse nun documento que se remitiu ó servizo de Conservación do ente público Augas de Galicia, competente en materia de limpeza fluvial, coa correspondente solicitude de actuación durante o año 2024.
É a primeira vez que Santa Comba elabora un proxecto de este tipo. Os traballos terán unha continuidade e xa se traballa na identificación de zonas fluviais de especial sensibilidade ambiental, para a súa limpeza conservación e correcta xestión.
Nos pasados días, Augas de Galicia dou comezo ás actuacións na parroquia de Castriz. Os treitos elixidos pola súa especial sensibilidade e necesidade foron uns 17 km do río Xallas desde a Choupana, na parroquia de Castriz, ata a ponte de Tapia, con varios “puntos negros” onde as enchentes se fan perigosas como San Salvador, Randufe, A Xesteira, A Cova e Esmorode. Outras contemplan algo máis de 800m no río García, na contorna da Fervenza de Rebordelos, e 2 treitos do río Abuín, un cerca do Tarroal e outro na zona de Fafia.
Con estas intervención estratéxicas o equipo de goberno pretende, en palabras do alcalde Alberto Romar “atender unha demanda histórica da veciñanza e garantir algo tan necesario como a correcta manutención e conservación dos nosos espazos naturais, tan necesarios para o correcto desenvolvemento das actividades da vida diaria e de lecer”.