Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

Santa Comba licita a construción do futuro Centro de Día

As empresas interesadas na construción do centro de día teñen ata o 6 de abril para presentar as súas ofertas

Casa consistorial de Santa Comba

Casa consistorial de Santa Comba

Santa Comba, 13/03/2026 – O Concello de Santa Comba vén de sacar a licitación a obra de construción do futuro Centro de Día. A infraestrutura ten como obxectivo reforzar os servizos de atención ás persoas maiores e dependentes do municipio.

As empresas interesadas en participar neste proceso poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 6 de abril de 2026, segundo se recolle na convocatoria publicada polo Concello de Santa Comba. O futuro centro de día conta cun orzamento máximo de licitación de 214.503,4 euros + IVE, financiado a través dos fondos do POS adicional 2025, e establece un prazo de execución das obras de nove meses desde a súa adxudicación.

Esta actuación suporá un novo paso na mellora dos servizos sociais de Santa Comba. O obxectivo é ofrecer máis recursos de apoio ás persoas maiores e ás súas familias, contribuíndo ademais a favorecer a súa permanencia no entorno habitual.

As empresas que desexen obter máis información sobre a licitación ou resolver calquera dúbida poden dirixirse á Alcaldía do Concello de Santa Comba. Esta iniciativa enmárcase na aposta do goberno municipal por seguir reforzando os servizos públicos e as infraestruturas sociais do concello, adaptándoas ás necesidades actuais da veciñanza.

Post navigation

Previous: Cualifican de “trapallada” os cambios na senda entre o Milladoiro e a Intermodal
Next: Produtos do mar e control sanitario nos Luns do Ateneo

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.