Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

O IES Terra de Xallas de Santa Comba demanda solucións para o transporte escolar

santa comba problema transporte no ies 7 outubro 2025

O alcalde Alberto Romar e a agrupación socialista local participaron nunha concentración para esixirlle á Xunta solucións á problemática do transporte.


O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia a situación “absolutamente insostible” do transporte escolar en Santa Comba, particularmente no caso do alumnado do IES Terra de Xallas.

O alcalde socialista da localidade, Alberto Romar, participou xunto á agrupación socialista local na concentración celebrada no municipio para reclamarlle á Xunta de Galicia unha solución a esta problemática.

“O inicio do curso escolar en Galicia vén marcado, un ano máis, por numerosas incidencias en materia de transporte escolar, carencia de profesorado, problemas de infraestruturas e unha planificación insuficiente por parte da Xunta de Galicia”, sinala o deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza.

“A educación pública debe ser unha prioridade para calquera goberno, pois é a garantía de igualdade de oportunidades para todos os nenos e nenas do noso país. Sen un ensino público forte e de calidade, non é posible asegurar a cohesión social nin o progreso colectivo”, engade.

No caso do IES Terra de Xallas, “dende o principio de curso a comunidade educativa vén denunciando retrasos continuos nos horarios, falta de prazas suficientes e incluso casos nos que alumnado tivo que quedar en terra ou viaxar de pé, algo que resulta totalmente inaceptable nun servizo público esencial como este”.

“As liñas máis conflictivas son as de Parada e Portovilar, que presentan incidencias case diarias e afectan a mozas e mozos de diferentes parroquias, como son Vilamaior, Freixeiro, Fontecada, A Pereira, Alón, Ser, Santa Comba e Bazar, entre outras”, explica Bouza.

Esta situación, afirma, provocou que “a ANPA, as nais e pais, a comunidade educativa e representantes das forzas políticas municipais se concentraran nas inmediacións do instituto para esixir unha solución inmediata á Consellería de Educación”.

“A falla de previsión e coordinación da Xunta de Galicia está a xerar un grave prexuízo ao alumnado e ás súas familias, que non poden ter garantido un transporte seguro e puntual para acudir ao centro educativo”, indica.

“O servizo de transporte escolar é unha competencia exclusiva da Xunta de Galicia, polo que resulta urxente adoptar medidas que aseguren un funcionamento axeitado e digno, especialmente nas zonas rurais, onde o acceso á educación depende directamente deste servizo”, subliña o socialista.

Por todo isto, o Grupo Parlamentario Socialista presentará unha batería de iniciativas coa que se instará á Xunta a “adoptar de maneira inmediata todas as medidas necesarias para garantir o correcto funcionamento do transporte escolar no IES Terra de Xallas de Santa Comba, asegurando que ningún alumno ou alumna quede sen praza nin teña que viaxar de pé”.

Reclamarase tamén “revisar reforzar as liñas máis problemáticas”, así como “mellorar a planificación e coordinación do servizo de transporte escolar en todo o concello de Santa Comba, para garantir a puntualidade e a seguridade das rutas” e mais “abrir un proceso de diálogo coa ANPA e a comunidade educativa do IES Terra de Xallas co fin de ofrecer unha solución estable e participada aos problemas detectados”.

Post navigation

Previous: Compostela licita o contrato dos Centros Socioculturais
Next: Inaugurase Galicreques cunha gala polos 30 anos do festival

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.