Santa Comba, 30 de marzo do 2020 – O anuncio do peche do cuartel da Garda Civil de Santa Comba por positivos en Coronavirus significou unha alerta aínda maior para a comarca do Xallas.
Este domingo abría de novo as súas portas con catro axentes pero falamos co alcalde, David Barbeira, antes de que se abrira o cuartel de novo. O rexedor recoñecía que Santa Comba é un cruce de camiños de difícil control
O exemplo de Santa Comba en canto a cumprimento da corentena pode que sexa similar a o sucedido noutros concellos. Só ata a pasada semana comezaron a tomar en serio o confinamento
Por moito que se traslade a responsabilidade aos políticos ou aos corpos de seguridade ao final temos que ser todos os que nos comprometamos a cumprir o confinamento.
O peor virá despois. O alcalde é moi consciente de que teñen que comezar a pensar como axudar aos autónomos e as pequenas empresas para o que chegará
É un exemplo da complicada situación que se vive na bisbarra. Non é o único pero si o primeiro que recoñeceu positivos por Coronavirus e o único polo momento que tivo que pechar, polo menos uns días, o cuartel da Garda Civil. Depende de todos, veciños, políticos, funcionarios e traballadores de todo tipo para esta pandemia.