Santa Comba, 20 de maio do 2020 – O goberno de Santa Comba formado por Psoe e Compromiso volve a enfrontarse pola hora do próximo pleno ordinario.
O pleno tería que celebrarse este próximo venres. A hora fixada é as dez e media pero o Psoe ven de impugnar esa convocatoria xa que, según eles, a hora debería ser as oito e media da tarde.
Unha hora fixa no pleno de organización
A concelleira socialista Jessica Antelo explica, no recurso de reposición presentado, que os plenos teñen unha periodicidade fixa e unha hora fixada. É algo que se pode comprobar no acordo plenario do 12 de xullo do 2019 e publicado no Boletín Oficial da Provincia, en este enlace.
A concelleira engade que se estan vulnerando os dereitos constitucionais dos edís xa que moitos traballan e non poden acudir si se cambia a hora da sesión.
No escrito de impugnación jessica Antelo tamén di que ”Los alcaldes y presidentes de los órganos colegiados no son reyes, profetas o jefes tribales que puedan convocar a ningún ciudadano a su presencia- y menos a un representante elegido democráticamente sin saber para qué ni por qué o con qué carácter”.