Bisbarra, 10 de maio do 2024 – A Deputada socialista Patricia Iglesias visitou o concello de Santa Comba para coñecer de primeira man os problemas do CEIP Barrié de la Maza.

Iglesias foi recibida polo alcalde, Alberto Romar, e a concelleira Patricia Val. Na reunión tratáronse, ademais da situación do CEIP, de outros temas relativos ao concello como a xestión do SAF ou a limpeza do centro de saúde.
CEIP Barrié de la Maza
Patricia Iglesias tivo a oportunidade de visitar o CEIP plurilingüe Barrié de la Maza e comprobar o estado dunhas instalacións que pronto cumprirán 50 anos e para as que a comunidade educativa reclama desde hai tempo unha reforma integral.
A Deputada socialista estivo acompañada polo director do centro, César Ramos, e pudio comprobar as deficiencias en cubertas, aulas, patios e outros espazos do centro. Iglesias presentou a principios de semana unha serie de iniciativas no Parlamento Galego reclamando a reforma.
Patricia Iglesias tamén mantivo unha charla cos representantes da ANPA do centro que lle transmitiron o compromiso de seguir loitando ata conseguir que se faga a reforma que levan tempo demandando.
No encontro, o alcalde, Alberto Romar, insistiu na necesidade da implicación da Xunta de Galicia “Unha cousa é que o concello, como entidade de proximidade, se faga cargo de pequenos mantementos ou axude a que as instalacións poidan estar no mellor estado posible, pero outra ben distinta é cargar ao consistorio con competencias que nin lle son propias nin pode atender debidamente, como é o caso de todo o traballo que se ten que levar a cabo no CEIP Barrié de la Maza debido as deficiencias estructurais que a estas alturas son inadminisbles nun centro de ensino públicos e imposibles de sustentar por unha administración local que non ten os medios para poder facerse cargo, ademáis dos desperfectos, dos servizos de limpeza e conserxería”.
Outras cuestións
Nunha reunión posterior alcalde e Deputada conversaron sobre outros temas que tamén son competencia autonómica pero que na actualidade xestiona o concello. Servizos como o de Axuda no Fogar, SAF, ou o mantemento e limpeza do centro de saúde. Só en estes dous temas o concello desembolsa anualmente 180.000 euros, algo inasumible para concellos tan pequenos.
Tamén falaron sobre a situación da AC406, a estrada que une Santa Comba con Portomouro e que “sempre foi unha promesa incumprida da administración autonómica. A pesar das reiteradas promesas de acometer melloras nese punto de comunicación estratéxica, a realidade é que a situación segue estancada a día de hoxe e tan só executáronse 1,8 km”.