Santa Comba, 14 de xuño do 2021 – A denuncia contra María José Pose, candidata a alcaldía de Santa Comba na moción de censura que se debate o martes, presentouse hai un ano.
Os feitos datan da lexislatura anterior cando era alcaldesa. A denuncia presentouse pola permisividade na construción sin licenza dun deposito de auga privado e os arranxos na igrexa de San Xoan de Grixoa.
Juan Sixto é o voceiro dos denunciantes. Explica os motivos da denuncia
A denuncia presentada hai un ano foi admitida a trámite e iniciaronse as dilixencias previas
Sixto pon de manifesto que a denuncia non ten nada que ver coa moción de censura que se debate este martes
O proceso seguirá ao marxe do que aconteza esta semana pero unha chamada a declarar, ou as investigacións xudiciais, poden condicionar de novo a alcaldía de Santa Comba.