Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

A ANPA Xallas, do Barrié de la Maza de Santa Comba, reclama a rehabilitación integral do colexio

O CEIP plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba cumpre 50 anos no vindeiro mes de novembro e a ANPA Xallas reclamará cunha manifestación a súa rehabilitación integral.
anpa-xallas-manifestacion-melloras-slide-6-febreiro-2024-(3)_r

Bisbarra, 6 de febreiro do 2024 – O CEIP plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba cumpre 50 anos no vindeiro mes de novembro e a ANPA Xallas reclamará cunha manifestación a súa rehabilitación integral.

A ANPA explica que levan desde o 2021 solicitando á Consellería de Educación unha reforma integral xa que o edificio presenta múltiples problemas. O Barrié de la Maza nunca foi obxecto dunha obra maior desde a súa construción, hai 50 anos.

A ANPA ven de convocar unha manifestación o vindeiro venres día 9, as catro e media da tarde diante do colexio, para denunciar a indiferenza da Xunta na urxente necesidade de reforma integral do Barrié.

Ao largo dos últimos catro anos, tanto dende a dirección do colexio como dende a ANPA, mandáronse múltiples escritos á Consellería solicitando a devandita reforma. Todas as solicitudes foron entregadas por rexistro e documentadas publicamente no PXA (Programación Xeral de Actuación) dos cursos 2020/2021, 2021/2022, 2022/2023 e 2023/2024.

Hai un ano, en febreiro 2023, caeu parte do teito dunha clase debido ás filtracións. A ANPA solicitou unha reunión na Xunta para pedir unha resposta ás demandas do centro. Os representantes dos país explican que  “Fomos recibidos en abril 2023 polo Xefe Territorial de Educación e saímos desa reunión cun compromiso de que enviarían un técnico para facer un estudo e que daríanos unha resposta. A día de hoxe, un ano despois, aínda non o fixeron”.

Tras esa reunión, en maio 2023, a ANPA falou co actual equipo de goberno municipal, antes das eleccións. A deputada Noa Díaz levou ao Parlamento de Galicia unha emenda co fin de aprobar o orzamento da reforma integral do Barrié. Una emenda, lembran, non foi aprobada.

En setembro 2023 a Xunta difundiu unha actualización do presuposto do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. Incrementaron un 27% ata os 243 millóns de euros para “impulsar a modernización dos centros” pero a ANPA engade que “tampouco se destinou nada ao Barrié”.

Novo curso máis reclamacións

O Conselleo escolar debateu unha vez máis a situación do Barrié e o novo equipo directivo decidiu pedir unha nova reunión coa Consellería de Educación, unha petición para a que non obtiveron resposta.

A ANPA Xallas engade que desde setembro pasado o colexio presentou varias instancias ante á Consellería, conseguindo que realizaran algunhas pequenas actuacións costeadas por un remanente de orzamento que o centro xa dispoñía, “as cales consideramos que son claramente insuficientes”.

Pese a estes pequenos arranxos a situación segundo a ANPA é insostible “hai aulas en situación precaria con filtracións, cunha balsa de auga sobre a cabeza do alumnado. De feito, o centro decidiu cambiar a unha clase enteira de nenos/as de aula debido ás continuas filtracións de auga e goteiras que presenta. A maiores, hai problemas gravísimos de pingueiras na cociña poñendo en risco os equipos eléctricos ademais de deficiencias de gas nos queimadores comunicadas pola empresa suministradora Repsol”.

A ANPA Xallas é moi clara “Pedimos a reforma integral do centro porque non hai como elixir unha prioridade: vivimos unha situación crítica. As clases están inundadas porque a cuberta e as ventás filtran auga, no comedor hai pingueiras encima dos equipos eléctricos, os queimadores de gas da cociña están condenados… Eso por non falar das tuberías da calefacción que discorrem polas paredes do centro expostas. Estamos falando de un sistema obsoleto, que hai algúns anos estourou nunha aula, que por sorte estaba baleira naquel momento. Pero ata cando estaremos suxeitos a riscos? Ata ocorrer un accidente importante?”

No Consello Escolar celebrado na pasada semana, a dirección do centro comunicounos que adoptou todas as medidas posibles (por rexistro, por telefono, solicitudes de reunións, etc) e que agora depende a Consellería decidir levar a cabo as obras urxentes. A contestación que lles deron dende a Xunta é que non teñen orzamento para atender a demanda e que ían enviar outra vez unha empresa para facer unha “pequena actuación” na parte máis danada dos tellados. A día de hoxe ninguén veu realizar esta reparación.

Post navigation

Previous: “Tu Futura Exmujer” gaña o concurso “Queixo Maquetón” na Festa do Queixo de Arzúa
Next: Mes de Rosalía en Padrón

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.