Bisbarra, 27 de outubro do 2023 – A Asociación “Unha Amiga Sabe Ver que Precisas unha Aperta” e o Concello de Santa Comba, organizan unha andaina solidaria a favor da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
A andaina terá lugar o vindeiro mércores día 1 de novembro. A actividade para todos os públicos comezará ás 10 da mañá (se a climatoloxía o permite) e a organización ten preparado un percorrido circulas de 10 km sen grandes dificultades.
A presidenta da asociación “Unha Amiga Sabe Ver que Precisas unha Aperta”, Ana M.ª Ferreiro, di que se trata de “un auténtico orgullo poder colaborar cunha Fundación que traballa pola investigación médica en Galicia e desde Galicia a través de grandes profesionais dirixidos polo noso veciño máis ilustre, Ángel Carracedo. Tamén me gustaría agradecer a diversas empresas que colaboran desinteresadamente con esta e coas distintas actividades que levamos a cabo”.
Pola súa banda o alcalde de Santa Comba, Alerto Romar, di que “ Para un concello como o noso é moi importante que o tecido asociativo fomente este tipo de actividades participativas, máis si cabe si estas actividades teñen un fin tan transcendente como é o apoio á investigación científica nunha enfermidade como é o cancro e, ademais, apoiando a unha Fundación que dirixe o Fillo Predilecto de Santa Comba, o doutor Carracedo”.
Neste momento, os anotados á andaina xa superan o medio centena, e aínda está aberta a inscrición, que se pode facer en este formulario en liña e no teléfono 676400186. A inscrición é de 3 euros, e os participantes tamén poden mercar “merchandising” da Asociación ou sumarse con algunha aportación económica para a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, aínda que non participen no percorrido.