Santa Comba, 23 de maio do 2022 – José Antonio Ucha e Cristina Fajín veñen de ser expulsados de forma definitiva do Psoe tras apoiar unha moción de censura impulsada polo Partido Popular de Santa Comba.
A Comisión Federal do Partido Socialista tiña aberta un expediente a Ucha e Fajín. Os dous, xa ex socialistas, apoiaran unha moción de censura con david Barbeita que levou á popular María José Pose á alcaldía.

Dáse a circunstancia de que fora tamén José Antonio Ucha quen decidira apoiar a Barbeira, que con Compromiso por Galicia conseguira un único concelleiro, como alcalde tras as eleccións do 2019. Dous anos despois e ante a negativa de Barbeira a ceder a alcaldía apoiou á popular María José Pose na moción de censura.
O comunicado do Comité Federal do Psoe informa que a expulsión se produce “pola decisión de ambos militantes de apoiar unha moción de censura sen a autorización expresa dos órganos competentes do PSOE”.
A resolución definitiva de expulsión, asinada por Santos Cerdán, secretario de Organización do PSOE, xa lle foi notificada a Ucha e Fajín.
Na actualidade José Antonio Ucha mantén un canal de Telegram no que informa dos plenos municipais e de distintas novas do concello. Queda a incógnita de si se presentará nas municipais do vindeiro ano. Pola súa banda Critina Fajín está plenamente integrada no equipo de goberno de Pose tal e como nos contaba a propia alcaldesa hai unha semana.