Ames, 23 de setembro do 2020 – A Consellería de Sanidade informou esta tarde de restriccións por incidencia do Covid no núcleo do Milladoiro, no concello de Ames.
O Milladoiro súmase así a Silleda, Lalín ou Santiago como lugares da bisbarra con restriccións. As medidas inclúen a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería , onde ademais estará prohibido o consumo en barra, a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto,
Todas estas medidas publicaranse hoxe no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor as 00:00 horas desta medianoite. Ademais, volverán revisarse en sete días.