Compostela, 20/10/2026 – Unha das obras máis demandadas e que acabou sendo un quebracabezas, falamos da rúa García Lorca. Ninguén esperaba atopar no subsolo algo que retrasara as obras, moito menos que unha vez solucionado o tema o problema fora a empresa concesionaria.
O Concello de Santiago ven de imponlle a Marcosa máis de 99.000 euros en penalidades por incumprimentos graves na reurbanización da rúa de García Lorca. A Xunta de Goberno acorda impoñer estás penalidade pola paralización e o incumprimento reiterado das ordes dadas.
A resolución do expediente acepta parcialmente as alegacións presentadas pola empresa, no relativo á gradación do importe, e rexeita as demais. Deste, xeito, impóñenselle dúas sancións: dunha banda, unha penalidade por importe de 49.541,37 euros, pola paralización das obras sen causa suficientemente acreditada desde o reinicio do prazo contractual.
Pola outra banda imponse unha penalidade por importe doutros 49.541,37 euros, polo incumprimento reiterado das ordes do Concello para a execución do contrato. O Concello informara xa sobre as súas advertencias á empresa das consecuencias contractuais dos atrasos desta obra.
Xuntra de Goberno Local ordinaria
Este luns celebrouse ademais xunta de goberno local na que tomáronse varios acordos no ámbito da contratación. Entre eles, designouse o enxeñeiro técnico José Manuel Becerra Mayo como responsable do contrato para o servizo de mantemento das instalacións de protección contra incendios dos edificios e locais municipais, adxudicado a JOMAR SEGURIDAD SL.
Aprobouse tamén a cancelación do aval en concepto de fianza definitiva constituída pola empresa ALCOMTE GALICIA, S.L. para responder do contrato das obras de acondicionamento da contorna do CSC da Gracia, accesibilidade e mellora da área de xogos e circuíto biosaudable.
Así mesmo, validouse a omisión da función interventora das facturas de arrendamento de vehículos da policía local, lotes I e II, da empresa GRUPIVAZGLE correspondentes aos meses de abril e maio do ano 2026 (5420,80 euros).
Aprobouse unha orde de continuidade á empresa GARAJE CERVANTES 27, S.L. que xestiona o aparcadoiro da praza de Vigo polo tempo estritamente necesario para o remate do expediente de municipalización que se está a tramitar.
Acordouse tamén solicitarlle á Deputación Provincial da Coruña unha prórroga do prazo de vixencia do convenio de cooperación para o financiamento da obras no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.
