Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Muros
  • Noia
  • Xeral

Preocupación pola autorización dun vertido á empresa mineira de San Finx

BNG e Psoe preguntaron no pleno do Parlamento pola autorización dun vertido desde a mina de San Finx sobre as rías de Muros e Noia.
verdegaia-minas-san-finx-slide-4-outubro-2019_r

Bisbarra, 23 de febreiro do 2023 – BNG e Psoe preguntaron no pleno do Parlamento de Galicia pola autorización, por parte de Augas de Galicia, dun vertido da mina de San Finx sobre as rías de Muros e Noia.

A autorización permitirá o vertido de case que 900.000 metros cúbicos de augas da mina de San Finx ás rías. Nas preguntas ambos os dous grupos mostraron a súa oposición e insistiron en que se trata dunha autorización ilegal xa que non hai un plan de restauración nin un informe de impacto medioambiental.

A parlamentaria do BNG, Rosana Pérez Fernández, destacou que non existe un informe de impacto ambiental e que o tratamento esixido non foi eficaz durante a proba piloto. A nacionalista lembrou ademais que a empresa mineira nunca se someteu a informes de impacto ambiental pese a que o goberno bipartito dera tres meses para facelo

Pola súa banda Pablo Arangüena, parlamentario socialista, explicou que a autorización era ilegal segundo a normativa europea e que o vertido chegará a un espazo da rede natura, o estuario do Tambre, que debería estar protexido. Arangüena dixo que si os niveis de minerais perigosos están por debaixo do máximo permitido para o consumo humano, como asegura Augas de Galicia, que un día “se achegaran alí a bebela mentres eu miro como o fan”.

O Vicepresidente primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, comezou respondendo que estaban alí para responder os intereses xerais e polo tanto “tamén os da xente de ben”. A continuación explicou que o que se fará é instalar unha depuradora que será a que garante que as augas da mina serán vertidas unha vez tratadas.

A autorización vai permitir o vertido de 900.000 metros cúbicos de residuos da mina de San Finx, O que supón o 50 por cento máis da carga total do maior superpetroleiro da historia. Ditas augas serán vertidas sobre ríos que chegan ás rías de Muros e Noia, con bancos marisqueiros dos que dependen 1.500 mariscadores e que posúe espazo Rede Natura 2000, como o Esteiro do Tambre.

Post navigation

Previous: A Deputación impulsa o Ames AV Lab
Next: Musicas na Linde: David Regueiro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.