Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Bernardo Tahoces volve aos xulgados pola mina de San Finx

Ángel Bernardo Tahoces, prestará hoxe declaración nun xulgado de Santiago por presuntas irregularidades na mina de San Finx
verdegaia-minas-san-finx-slide-4-outubro-2019_r

Bisbarra, 21 de setembro do 2023 – O ex director xeral de Minas da Xunta, Ángel Bernardo Tahoces, prestará hoxe declaración nun xulgado de Santiago por presuntas irregularidades na mina de San Finx

Ángel Bernardo Tahoces

Tahoces, xunto con dous funcionarios ao seu cargo, terían asinado presuntamente informes con falsidades en relación ás presas mineiras abandonadas e á contaminación existente en San Finx.  A Confradía de Noia está acudida noutras dúas causas penais contra funcionarios e altos cargos de Augas de Galicia e contra a propia empresa mineira australiana.

No mesmo auto chámase aos outros imputados no caso, o xefe do servizo de enerxía e minas na Coruña e un dos funcionarios do mesmo departamento. Todos eles terán que presentarse nos xulgados composteláns por unha causa penal na que están acudidas como acusación popular a Confradía de Pescadores de Noia, Ecoloxistas en Acción e Verdegaia.

Os informes pretendían presuntamente beneficiar a empresa concesionaria tentando facer pasar a presa de residuos mineiros de San Finx como parte das instalacións dunha central hidroeléctrica inexistente. un ano máis tarde a relacionaron cun muíño de millo. Isto a pesar de que a presa de formigón, de 50 metros de largo e 14 de alto, construída pola empresa mineira en 1939 como depósito de lodos, apareceu nos plans oficiais de labores ata que se deixaron de presentar no ano 2000.

Augas de Galicia recoñeceu que en caso de colapso os residuos mineiros almacenados causarían un importante impacto ambiental augas abaixo, estando a tan só 7 km da ría de Noia. Evitando recoñecer que se trataba dunha presa de residuos mineiros os imputados terían tentado evitar as responsabilidades da empresa concesionaria, que tería que facer fronte a unha restauración valorada en varios millóns de euros, e danos multimillonarios en caso de colapso e afectación ás zonas de marisqueo na ría.

Tahoces e os mesmos funcionarios tentaron presuntamente de ocultar a existencia da contaminación con metais pesados, apoiando o argumento falso da empresa de que os altos niveis de elementos tóxicos terían orixinais, e insistiron unha e outra vez que non era necesario someter o proxecto a unha avaliación de impacto ambiental, algo que a propia Xunta acabou recoñecendo que era imprescindible para a continuidade da explotación.

Este non é a única causa penal que afecta as minas de San Finx, unha vez que en paralelo a Confradía de Noia está igualmente acudida como acusación popular noutra causa dos xulgados de Santiago contra catro funcionarios e altos cargos de Augas de Galicia por malversación, prevaricación e falsidade, así como nun proceso por delitos medioambientais que se instrúe nos xulgados de Noia contra a empresa mineira e os seus directivos australianos.

Post navigation

Previous: Arzúa reclama melloras na gardería e un centro de día para o concello
Next: Quico Cadaval celebrará trinta anos de carreira no Teatro Principal

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.