Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Nova acción ecoloxista na mina de San Finx

Despois de taponar a saída dos vertidos de San Finx, Ecoloxistas en Acción paralizaron os traballos de instalación da tubaxe
ecoloxistas-paralizan-mina-san-finx-slide-14-xullo-2023-(3)_r

Bisbarra, 14 de xullo do 2023 – Despois de taponar a saída dos vertidos da mina de San Finx, Ecoloxistas en Acción paralizaron os traballos de instalación da tubaxe para o futuro baleirado dos túneles.

Unha ducia de mariscadores e membros do grupo ecoloxista situáronse diante das máquinas mentres outro grupo disfrazado con caveiras botaba unha partida ao “MINApoly”, versión do popular xogo preparada para a ocasión coa que denuncian “a corrupción que rodea a mina de San Finx”.

Ecoloxistas en Acción denuncian que as infraestruturas para efectuar as verteduras están sendo executadas como parte dunha obra pública contratada pola Consellaría de Medio Rural para o asfaltado dunha estrada local, o que desde a organización ecoloxista consideran indiciario dun presunto delito de malversación de caudais públicos e prevaricación.

Esta mesma semana interpuxeron denuncia penal nos xulgados de Santiago contra a Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, logo de que varios colectivos da Plataforma comarcal contra os vertidos lle demandaran a semana pasada a suspensión das obras.

Este é a quinta causa penal que se abre en relación á mina de San Finx, xuntándose ás dilixencias que se seguen contra o ex-director xeral de minas Ángel Bernardo Tahoces, que deberá declarar en Santiago con outros funcionarios igualmente imputados, así como ás abertas contra altos cargos de Augas de Galicia e contra a propia empresa mineira e os seus administradores.

En paralelo, confrarías, concellos e organizacións ecoloxistas iniciaron varios contenciosos contra a autorización de vertidos outorgada pola Xunta en febreiro, confiando en que a xustiza a suspenda cautelarmente antes de que sexa demasiado tarde.   

Desde Ecoloxistas en Acción alertan que a “agostosidade” da Xunta busca desmobilizar a comarca situando o inicio dos vertidos en vacacións, mais advirten que o “truco” non funcionará e anuncian máis mobilizacións durante o verán.

Post navigation

Previous: A hostalería molesta coa nova norma de rexistro
Next: Padrón vive xa as festas do Santiaguiño

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.