Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Samudra Trío no Paraninfo da Universidade

usc-samudra-trio-no-paraninfo-slide-2-xullo-2019_r

Compostela, 2 de xullo do 2019 –  A formación Samudra Trío ofrecerá esta tarde un concerto de entrada libre a partir das 20.30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia).

Samudra Trío esta formado por  Yamini Teresa Prabhu Barretto ao piano, Jimena Andión García ao violonchelo e Laura Lorenzo Rodríguez á frauta. Elas ofrecerán un programa a modo de viaxe sonora a través das músicas de diversos países, que inclúe a Suite Peer Gynt de Edvard Grieg, o Danzón nº 2 de Paquito D’Rivera, o Andante espressivo do Trío en Sol Mayor de Claude Debussy, a Xota das Sete cancións populares de Manuel de Falla, Ne Poi, Krasavitsa de Sergei Rachmaninov, Escenas de Air Toru Takemitsu, Seis Danzas Folklóricas Rumanas de Béla Bartok, Nana das Sete cancións populares de Manuel de Falla, o Allegretto da Partita para cello solo de Adnan Saygun, Alnitah (As tres Marías) de Heitor Villa-Lobos, Escenas de L’Aube Enchantée sur le Raga “Todi” de Ravi Shankar, Trans de Samudra Trio e Primavera Porteña de Astor Piazzolla.

Samudra Trio é unha formación de recente creación afincada nas Rías Baixas cun interese común en amosar unha visión diferente do estereotipo de recital de cámara, procurando a maneira de achegarse a culturas distintas mediante a súa música. Nos antigos textos védicos emprégase a palabra Samudra para referirse ao océano como auga que une á terra. Do sánscrito sam (unión) e udra (auga), Samudra (समुद्र) significa “unión das augas”. Con esta mesma inspiración, a nova formación musical procura a unión de tres augas, tres timbres e tres intérpretes.

Post navigation

Previous: Lar Legido e amigos na programación de xullo nas Crechas
Next: David Trueba gaña o XIV Premio Novela Europea Casino de Santiago

Máis novas

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

foto manuel martínez ONCE
5 minutes read
  • Compostela

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE na Galiza: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

compostela un banco para compartor 21 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Un banco para compartir en Compostela

museo do pobo a barca dos pepes 21 setembro 2026 (3)
6 minutes read
  • Xeral

Transfronteiriza no Museo do Pobo Galego

usc percusion galega 21 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Recuperar a percusión tradicional galega

compostela reurbanizacion garcia lorca SLIDE 2 xullo 2025
3 minutes read
  • Xeral

Sanción de case cen mil euros á empresa de García Lorca

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.