Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada

Sabucedo usará drons e xeolocalización para coidar dos cabalos

rapa-das-bestas-gps-slide-13-xaneiro-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • A Estrada, 14 de xaneiro do 2018 – A Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo, a Universidade da Coruña, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e a empresa 3EDATA desenvolverán, nos próximos dous anos, un proxecto innovador para mellorar a xestión dos cabalos bravos do monte.
    • Financiación europea
    • Un grupo multidisciplinar

A Estrada, 14 de xaneiro do 2018 – A Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo, a Universidade da Coruña, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e a empresa 3EDATA desenvolverán, nos próximos dous anos, un proxecto innovador para mellorar a xestión dos cabalos bravos do monte.

O proxecto vertébrase en accións de carácter tecnolóxico e de divulgación. As primeiras buscan facilitar o manexo, minimizar problemas e adquirir coñecemento práctico sobre o uso dos cabalos como ferramenta de xestión forestal. As segundas está orientadas a mellorar a visión que a sociedade ten desta actividade.

No proxecto empregaranse solucións innovadoras no manexo dos animais e a súa contorna como a marcaxe dos cabalos con GPS, o uso de drons para a localización dos animais nas zonas máis remotas e inaccesibles e peches que eviten accidentes de tráfico, ademais doutras medidas para a posta en valor dos cabalos bravos. Entre os obxectivos están evitar os conflitos entre besteiros e propietarios forestais e diminuír o risco de lumes empregando os cabalos para a redución de biomasa. Os resultados repercutirán directamente sobre a poboación de cabalos de Sabucedo, pero serán de gran interese para besteiros de todas as zonas de Galicia en que se atopan estas poboacións de équidos. Estas novas medidas poderán ser exportadas a outras contornas, colaborando deste xeito no mantemento deste elemento singular galego, de gran valor ecolóxico e cultural.

Financiación europea

Este proxecto conseguiu financiamento na convocatoria de “axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI)”, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O proxecto xurdiu cando no pasado xuño, a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo constituíu un grupo operativo de innovación contando cunha axuda da Xunta de Galicia para a “creación de grupos operativos de innovación da Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola e forestal”. O propósito era conformar un equipo de traballo destinado a identificar e analizar os diversos problemas aos que se enfronta a poboación de cabalos bravos nos montes de Galicia e o seu manexo tradicional, e definir un proxecto innovador centrado na solución dos problemas identificados.

Un grupo multidisciplinar

Este grupo operativo aglutina unha serie de entidades públicas e privadas con interese na continuidade das poboacións de cabalos bravos no monte e do seu manexo tradicional. Están incluídas tres asociacións de besteiros (ou propietarios de bestas, que é como se denominan popularmente estes équidos): Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), que lidera o grupo; a Asociación de Gandeiros de Cabalos do Monte da Groba (Baiona); e o Monte de Carballo (Friol). Por outra banda, inclúe organismos investigadores de diferentes áreas de estudo relacionados co cabalo: Universidade da Coruña, Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, do INGACAL, e Centro Tecnolóxico da Carne. Tamén inclúe entidades que desenvolven varias actividades de promoción e asesoramento a produtores de equino (PURAGA), entidades relacionadas coa conservación da natureza (Asociación Galega de Custodia do Territorio), e entidades con experiencia na vertente cultural e antropolóxica destes cabalos e os curros ou rapas (Instituto de Estudos Miñoráns). Completa o grupo 3EDATA, unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela.

Post navigation

Previous: Lousame aproba o alleamento dunha casa en Camboño
Next: Ames, Brión e Padrón presentarán en Fitur un proxecto conxunto sobre a Ruta Rosaliana

Máis novas

Caratula do libro Andrómedas e Credos
2 minutes read
  • Axenda

Presentación de “Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes”

Cartel de presentación do libro na Asociación Vagalumes
2 minutes read
  • Xeral

A Asociación Vagalume presenta “Volveredes brindar por min. unha biografía de Begoña Caamaño”

Cartel concentración contra a pesca do salmón
5 minutes read
  • A Estrada

Piden a suspensión da pesca do salmón no Ulla

a estraa bng sinalizar fochancas 19 xaneiro 2026 (1)
2 minutes read
  • A Estrada

Iluminando as fochancas

negreira reunion SLIDE
1 minute read
  • A Estrada

Tres Negreira

compopstela fondos feder 4 outubro 2025
3 minutes read
  • A Estrada

Compostela, Ames, A Estrada e Ribeira  reciben máis de 22 millóns de fondos Feder

Rapa-das-Bestas-Sabucedo-2022-slide-7-xullo-2022_201514_1
4 minutes read
  • A Estrada

Rematou a espera, a Rapa das Bestas de Sabucedo xa é BIC

Sabucedo A Rapa das Bestas slide 8 xullo 2017 20170707_154020_r
2 minutes read
  • A Estrada

A Rapa das Bestas de Sabucedo segue esperando pola declaración BIC

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.