займ срочно

A Fundación Santiago Centro organiza unha ruta Ecogastro

0

Compostela, 5 de maio do 2017 – Organizada por APEGA e Santiago Centro en colaboración coa Asociación de Hostalería de Santiago e Comarca, entre os días 20 e o 28 de este mes terá lugar unha ruta Ecogastro nos locais da zona nova de Compostela.

Coincidindo co último tramo do Mercado Compostela Eco 2017 Os locais de hostalería do Ensanche de Santiago converteranse nun gran escaparate da gastronomía ecolóxica galega ofrecendo petiscos elaborados con produtos ecolóxicos certificados.

A Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia, APEGA, e a Fundación Santiago Centro, Área Comercial, organizan a ruta Ecogastro en colaboración coa Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca como forma de mostrar ao público as posibilidades gastronómicas dos alimentos máis saudables.

Os bares e restaurantes participantes nesta Ruta EcoGastro elaborarán tapas, racións e pratos con prezos arredor dos 3, 9 e 12 euros, respectivamente. As propostas culinarias estarán elaboradas con alimentos certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) ou equivalentes noutras comunidades.

A inscrición para locais de hostalería interesados atópase aberta. Para máis información, poden dirixirse ao mail info@compostelaeco.com.

A organización facilitará aos establecementos participantes dun listado de provedores nos que facerse cos ingredientes necesarios.

A Ruta EcoGastro coincidirá no seu tramo final coa segunda edición de Compostela ECO, o Mercado Ecolóxico que se celebrará de novo na Praza Roxa de Santiago de Compostela entre os días 25 e 28, dedicado a este tipo de produtos. Esta cita está dirixida exclusivamente a produtores con certificación, sexan de horta fresca, tendas ou elaboradores, transformadores ou envasadores.

Estes dous eventos coinciden coa fin de semana das Festas da Ascensión, as máis populares da cidade e unhas datas nas que milleiros de persoas visitan a capital de Galicia. Levarán aparelladas accións de divulgación, formación e debate sobre produción ecolóxica, alimentación e vida sa; e música e actividades lúdicas para nenos e adultos.

Atópanse enmarcadas nas actividades de primavera no Ensanche que promove Santiago Centro, entre as que ademais se contan o desfile Moda a pé de rúa do día 19 de maio; a Festa do Comercio do día 27; e o Mercado Compostela ART, de artesanía, xa para o mes de xuño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies