As xogadoras do Rugby La Rosaleda puxeron todo o empeño no partido e incluso revertiron unha primera parte a favor das Ourensanas ainda que non ao remate non fora suficiente.
Santiago de Compostela, 17 de novembro do 2016 – O equipo de rugby feminino Santiago A Rosaleda xogou esta fin de semana pasada en Ourense contra o seu homólogo desta cidade. Partido disputado a cara de can no que as santiaguesas o deron todo aínda que non foi suficiente para levar o choque.
Na primeira parte o marcador reflectía un 12- 5 a favor de Ourense aínda que na segunda parte cambiaron as cousas e foi Santiago o que levo a iniciativa. Outro ensaio de Ourense na segunda parte daba case por sentenciado o partido pero a bravura das mozas de Santiago fixo que ensaiasen dúas veces na segunda parte.
O fallo na conversión do tiro a paus do último ensaio fixo q decantásese o partido para o equipo local facendo inútil o esforzo e as ganas mostradas polo equipo santiagues. Polo equipo de Santiago marcaron os ensaios Eva, Fabienny e Jamie.