Bisbarra, 16 de outubro do 2023 – Coincidindo co aniversario do nacemento de Virxinia Pereira e da súa voda con Castelao, o 19 de outubro, a Plataforma Vía Galega en colaboración coa Asociación Cultural “Vagalumes” organiza o roteiro “Castelao na Estrada”
O roteiro levarase a cabo do día 21 de outubro, a partir das 16:00 h. Comezará no Pazo de Oca, que inspirou a Castelao para escribir “A Marquesiña”, e pasará por distintos elementos do patrimonio que figura nas súas obras artísticas: a ponte Liñares, o cruceiro de Ouzamerxe, a igrexa de Guimarei, a Torre de Guimarei e a igrexa de Ouzande. Para rematar a beira da casa de Virxinia, na rúa irmáns Valladares.
Durante o roteiro leranse textos de Castelao referidos a estes espazos e falarase sobre os bens materiais e inmateriais que chamaron a atención deste creador e que deixou recollidos nalgunhas das súas obras pictóricas ou literarias.
Para asistir compre inscribirse na web antes do xoves 19. Haberá autobuses, segundo o número de inscritos, e de ser así é preciso pagar unha cota de 5€.