Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Padrón

Rosalía formal, Rosalía rebelde

Durante moitos anos esquecida, Rosalía de Castro é agora reivindicada por todos ata o punto de centrar máis dunha programación en Padrón.
rosalia-formal-rosalia-rebelde-slide-9-febreiro-2022_r

Table of Contents

Toggle
  • Padrón, 9 de febreiro do 2022 – Durante moitos anos esquecida, Rosalía de Castro é agora reivindicada por todos ata o punto de centrar máis dunha programación en Padrón.
    • Unha Rosalía Rebelde
    • Unha Rosalía institucional

Padrón, 9 de febreiro do 2022 – Durante moitos anos esquecida, Rosalía de Castro é agora reivindicada por todos ata o punto de centrar máis dunha programación en Padrón.

Febreiro é o mes de Rosalía e desde este ano o día 23 o seu día. O concello de Padrón propón un intenso programa cultural arredor da poetisa. Ao mesmo tempo o BNG ofrece unha serie de actividades baixo o nome de Rosalía rebelde.

Unha Rosalía Rebelde

O Bloque Nacionalista Galego celebra este mes como “Mes de Rosalía mes de Rebeldía” según o cartaz que anuncia distintos actos. O primeiro deles na Casa dos Capeláns de Padrón, unha palestra sobre “A rebeldía de Rosalía” a cargo de Francisco Rodríguez e con música de Aires de Compostela.

O día 19 realizan un roteiro ata a Casa de Rosalía que sairá as dez da mañá estatua de osalía no Espolón. Ten un prezo de 3 euros e no caso de cubrirse todas as prazas repetirase o día 26.

O úlitmo evento terá lugar o día 20 na Igrexa de Bastavales, en Brión. As doce do mediodía os Quinquilláns representarán “A pluma de Rosalía”.

Unha Rosalía institucional

O Concello de Padrón celebrará o Día de Rosalía o 23 de febreiro coincidindo coa data real do seu nacemento segundo as últimas investigacións. Abrirase as dez da mañá coa tradicional ofrenda floral na estatua do paseo do Espolón. O grupo de gaitas Os Carapaus poñerá o acompañamento musical, mentres o alumnado do IES Camilo José Cela lerá varios poemas da escritora. Nenas e nenos dos colexios e institutos de Padrón sumaranse tamén á celebración plantando un fillo da figueira da casa de Rosalía nos seus centros.

Xa pola tarde, ás 16.30 horas, o xardín botánico acollerá as Terturlias clandestinas con Rosalía, unha conversa entre o locutor de radio José Manuel García e a guía turística María Chamadoira, que lle dará vida a Rosalía para descubrirnos fitos imporantes e as facetas máis descoñecidas da súa vida. A música a porá a artista de Bastavales Fátima Pego. A entrada será gratuíta pero haberá que reservar praza na oficina de Turismo de Padrón.

A xornada pecharase coa presentación do libro ‘O sal dos días’ de Rafael Xesús Vidal, gañador da oitava edición do certame poético Rosalía de Castro. O acto desenvolverase no Auditorio Municipal a partir das 19.00 horas e rematará co concerto de Xisco  Feijóo. As persoas interesadas en asistir a este concerto deberán retirar a invitación no Centro Social a partir do luns 14 de febreiro.

Os actos na honra de Rosalía de Castro esténdense máis alá da data de aniversario da escritora galega máis universal. Cabe lembrar que na praza Ramón Tojo pode visitarse ata o 24 de febreiro a mostra que conmemora os 50 anos do museo da Casa de Rosalía. Os eventos, pola súa banda, iniciaranse o venres 18 coa presentarase no Auditorio do libro ilustrado ‘O sombreiro de Murga’, de Manuel Lorenzo Baleirón,  mentres que o sábado 19 Teatro do Atlántico representará tamén no Auditorio ‘Libre como os paxaros’, obra baseada en textos de Rosalía.

Nenas e nenos dos centros de educación infantil participarán da celebración os días 21, 22 e 25 asistindo ao espectáculo de contacontos ‘Figueiriñas que eu prantei’ de Correo do Vento e o alumnado de 5º e 6º dos colexios Flavia e Rosalía de Castro poderán ver ‘Rosalía’, proposta teatral de Culturactiva, o venres 25.

Padrón pechará a programación do Mes de Rosalía o sábado 26 con música. Ao mediodía, a Banda Municipal presentará no Xardín Botánico a peza Caldo de Gloria, composta por Loliña Mosquera e Braulio Cao, e pola tarde chegará á súa terceira edición a Gala Rosalía Foliadeira, organizada pola Asociación Cultural Rosalía de Castro. A cita queda fixada para as 19.30 horas no Auditorio. 

Post navigation

Previous: A parábola do angazo de Talía Teatro este venres en Ames
Next: SÉS “libera as arterias” este venres en Compostela

Máis novas

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.