займ срочно

Compostela, 18 de xullo do 2017 – A doutora en matemática Rosa Crujeiras leva vinculada a vicerreitoría de Comunicación e Coordinación desde o ano 2015. Chega a este posto trala marcha de Xosé Pereira que dirixirá a Área de Innovación e Negocio na nova estrutura da CRTVG.

Mentres que o anterior Vicerreitor, Pereira, si que viña do ámbito da comunicación xa que fora Decano da Facultade de Xornalismo, Rosa Crujeiras está máis vinculada a parte de coordinación.

A primeira pregunta ten que ver con esa necesidade matemática de ter todo ordenado e que poder ser moi útil nun organismo tan complexo como a USC, Rosa Crujeiras é consciente da necesidade de comunicar mellor e dun xeito natural divide as áreas onde ese traballo é necesario e que se precisa comunicar en cada unha delas

Rosa Crujeiras especializouse en estatísticas e de feito foi investigadora posdoutoral en Bélxica no Instituto de Estatística da Universidade Católica de Louvain. Preguntamos pola complexa relación cos medios de comunicación que son precisamente tan afeccionados a usar estatísticas para explicar case que calquera cousa, a vicerreitora ten claro que non estamos preparados, nin a sociedade nin os medios, para interpretar os datos

Un tema recorrente nas conversas con persoas vinculadas a USC é a relación coa sociedade que a rodea, Rosa Crujeiras é consciente da necesidade de falar máis coa sociedade e de que a sociedade espera, en moitos casos, respostas da institución pero pensa que hai que ir con paso seguro e reforzarse nas áreas nas que a universidade é máis forte

A Universidade de Compostela vive un proceso de cambio moi importante. A necesidade de racionalizar e acomodar aos novos tempos a economía da institución sen deixar de mellorar levou ao equipo de reitor Juan Viaño a por en marcha moitos procesos que agora están en moitos casos rematando. Rosa Crujeiras explica que de aquí ao final do mandato, maio do 2018, pecharanse moitos de eses cambios que teñen que levar a USC a excelencia internacional

A tan manida crise afectou de xeito moi importante a Universidade, algo xa sabido se converte en dura realidade cando escoitamos falar a Rosa Crujeiras de que as veces nin chegaban os cartos para mercar publicacións e estar ao día do que sucedía. A USC é hoxe en día unha das mellores institucións de todo o mundo grazas en gran medida a vocación dos que a integran

A Universidade de Santiago ten un enorme futuro grazas a un presente formado por persoas como Rosa Crujeiras. En esta sociedade na que os prexuízos son o pan noso de cada día falar de paixón nunha matemática pode ser contraditorio pero é un bo retrato da vicerreitora. Rosa Crujeiras fala da Universidade, e das matemáticas, cunha paixón e entrega da que un irremediablemente termina por contaxiarse, un acaba por comprender porque pese a todos os problemas a USC segue estando entre as cen mellores universidades de toda Europa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies