Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Rosa Crujeiras será a primeira reitora da USC en máis de cincocentos anos

Kodak Gold 200

Kodak Gold 200

Compostela, 12/03/2026 – A catedrática de Estatística e Investigación Operativa Rosa Crujeiras converterase na primeira reitora da historia da USC. A doutora en Estatística e Investigación Operativa gañou cun total de 1.397 votos ponderados.

Hoxe producirase a proclamación provisional da reitora electa e do 13 ao 20 establécese o prazo para presentar recursos ante a Comisión Electoral Central. A proclamación definitiva terá lugar o día 23 de marzo.

Kodak Gold 200

A vencedora dos comicios obtivo 666 votos ponderados por parte do Sector I (Persoal docente e investigador con vinculación permanente), 150 do Sector II (resto do PDI), 424 do Sector III (estudantado) e 157 do Sector IV (Persoal Técnico de Xestión de Administración e Servizos). Pola súa parte, a outra candidata acadou 414 votos ponderados do Sector I, 83 do Sector II, 169 do Sector III e 55 do Sector IV.

No relativo á participación, houbo un total de 9.664 votos emitidos, dos cales o 87,37% pertence ao Sector I, o 59,37% ao Sector II, o 26,99% ao Sector III e o 77,75% ao Sector IV.

Declaracións

Nas sus primeiras palabras tras gañar as eleccións, Rosa Crujeiras agradeceu a participación da comunidade e o traballo do seu equipo e dixo que “Comeza unha nova etapa na que temos que defender o noso papel como universidade publica de Galicia. Temos que escoitar a toda a Universidade e eu comprométome a servir e facer posible que este novo liderado se exerza desde a escoita activa”.


No ano 2017 Lindeiros entrevistaba a Rosa Crujeiras cando era nomeada Vicerreitora de Comunicación e coordinación, podes ler e escoitar a entrevista no seguinte enlace https://lindeiros.net/rosa-crujeiras-vicerreitora-comunicacion-usc/ 


Currículo

Rosa M. Crujeiras é catedrática da área de Estatística e Investigación Operativa no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización. Licenciada en Matemáticas (2001), Diploma de Estudos Avanzados (2003) e doutora en Estatística e Investigación Operativa (2007) pola USC, foi investigadora posdoutoral na Universitè catholique de Louvain (Bélxica).

Cunha intensa actividade científica no ámbito da estatística non paramétrica, con publicacións en revistas de prestixio (Journal of the American Satistical Association ou Annals of Applied Statistics), ten tamén colaborado con persoal investigador de distintos ámbitos como a ecoloxía, a xeografía, a enxeñaría química, a lingüística, a economía e as ciencias da computación.

Kodak Gold 200

A súa traxectoria foi recoñecida co Premio ao Novo Talento Científico Feminino 2023 pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales e en 2024, xunto coas profesoras M. Alonso e I. Gijbels, recibiu o Premio á Mellor Contribución Metodolóxica en Estatística da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) e da Fundación BBVA (FBBVA).

Impartiu docencia nas Facultades de Matemáticas, Bioloxía, Enfermaría, Filoloxía e na Escola Técnica Superior de Enxeñaría en grao, mestrado e doutoramento (nestes dous últimos niveis tamén en universidades estranxeiras), coordinou o doutoramento interuniversitario en Estatística e Investigación Operativa e é membro da Comisión Académica do programa de doutoramento en Estatística da Sapienza (Italia). Dirixiu ademais sete teses de doutoramento.

Desde a súa incorporación á Universidade de Santiago de Compostela, asumiu distintos cargos na xestión universitaria. Desde outubro de 2010 ata xuño de 2013 foi secretaria académica do Instituto de Matemáticas, pasando posteriormente a ser vicedecana da Facultade de Matemáticas ata xaneiro de 2015.

Nesa data incorporouse como adxunta á Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación, con competencias en calidade, ata xuño de 2017, momento no que pasou a ser vicerreitora ata xuño de 2018. En setembro de 2021 asumiu a Dirección Científica do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), cargo que ocupou ata decembro de 2025.

Desde 2015 colabora como avaliadora para a Axencia Estatal de Investigación así como con outras axencias internacionais e autonómicas, e desde xaneiro de 2023 é membro do comité asesor do IAMAT2 na Universidade Pública de Navarra.

Post navigation

Previous: Todo listo para a XI Andaina Terras de Altamira
Next: O Parque Compostela Rupestre traballa no futuro

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.