Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Rosa Crujeiras inicia a carreira polo reitorado da USC

A catedrática de matemáticas Rosa Crujeiras presentou a súa candidatura, ao reitordo da USC, diante dos medios de comunicación

compostela rosa crujeiras candidatura 18 decembro 2025

Uns anos despois de entrevistar a Rosa Crujeiras como Vicerreitora de Comunicación a catedrática de matemáticas votou contas e decidiu presentarse a reitora da USC.

Rosa Crujeiras presentaba este mércores, ante os medios de comunicación, as liñas xerais do programa da súa candidatura. Un proxecto que aposta por “unha USC que coide das persoas e do propio, tanto en Compostela como en Lugo, e que sexa referente como universidade pública de Galicia, comprometida coa sociedade, coa lingua, co patrimonio e co país”.

Crujeiras defendeu unha universidade feminista, inclusiva e diversa, que promova os valores democráticos e sitúe ás persoas como o seu principal activo. “Queremos unha USC que confíe nas súas capacidades, que acompañe o seu desenvolvemento e que actúe con transparencia, escoita activa e rendición de contas”, sinalou.

Nunha aposta por un reitorado participativo e aberto, o proxecto estrutúrase arredor de catro piares: innovar, avanzar, contar e coidar. Neste marco, Rosa Crujeiras destacou a necesidade de construír un novo modelo organizativo áxil, sostible e baseado no coñecemento, capaz de anticiparse ás demandas sociais e de afrontar retos como o relevo xeracional, a internacionalización ou o impacto social da Universidade.

“Formar ás e aos profesionais do futuro é a nosa razón de ser”, sinalou Crujeiras, quen destacou que é urxente que a Universidade deseñe unha estratexia de titulacións que permita aproveitar as súas capacidades e dar resposta ás demandas sociais, salientando que “formamos nunha contorna investigadora de referencia”.

No ámbito da investigación, a catedrñatica apostou por fortalecer grupos, centros e institutos, mellorar as estruturas de apoio ao persoal investigador e desenvolver unha estratexia de captación e retención de talento, ligada a unha carreira investigadora máis estable.

O,axe de Loli Fernández para Lindeiros

No eido do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS), a candidatura de Rosa Crujeiras propón un Plan estratéxico de recursos humanos 2026–2032 que permita adecuar os perfís profesionais ás necesidades reais da universidade e avanzar cara a modelos de selección baseados na valoración de competencias.

Entre as medidas destacadas figuran a axilización dos procesos selectivos, coa execución das convocatorias nun prazo máximo de seis meses, a redución da temporalidade, a planificación trianual da oferta de emprego público e a posta en marcha de programas de relevo xeracional e mentorización.

O programa inclúe tamén a convocatoria bianual dos procesos de provisión de vacantes e o desenvolvemento de itinerarios de carreira horizontal tanto para o PTXAS como para o persoal investigador.

O proxecto contempla igualmente o reforzo dos servizos universitarios, especialmente nos ámbitos da xestión económica, académica e do apoio á investigación, así como a mellora dos servizos de atención ao estudantado, con especial atención á saúde psicolóxica, ao acompañamento psicopedagóxico e á inclusión e participación social.

No ámbito das infraestruturas, Rosa  Crujeiras defendeu un plan específico que garanta a recuperación e mantemento das residencias universitarias, evitando a perda de prazas nun contexto de grave escaseza de vivenda, e promovendo medidas de colaboración institucional para facilitar o acceso ao alugueiro.

A candidatura aposta tamén por unha política decidida de lingua, cultura e patrimonio, entendendo a cultura como un dereito e unha ferramenta de transformación social, consolidando o galego como lingua de uso habitual na USC, impulsando a divulgación e a cultura científica e poñendo en valor o patrimonio histórico e cultural da universidade.

A candidata reiterou o seu compromiso coa USC nas súas dúas cidades, Compostela e Lugo, como espazos integrados e complementarios. Ademais, presentou ao equipo de goberno que a acompañaría, que definiu como “plural e comprometido coa proposta”.

O equipo vicerreitoral estaría integrado por Lorena Añón Loureiro (Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar), Roberto Bande Ramudo (Coordinación do Campus de Lugo), Ana Cabana Iglesia (Cultura, Lingua e Patrimonio), Pablo Durán Santomil (Economía, Infraestruturas e Sostibilidade), Almudena Hospido Quintana (Investigación e Ciencia Aberta), Reyes Laguna Francia (Ordenación Académica e Oferta Formativa), Marcelino Maneiro Maneiro (Innovación e Transferencia do Coñecemento) e Pablo Taboada Antelo (Profesorado e Innovación Docente). Ocuparía a secretaría xeral Luis Míguez Macho.

Post navigation

Previous: O Santiago que puido ser e non foi
Next: Abre o Mercado de Nadal de Ames

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.