Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Rois
  • Teo

Rois e Teo seleccionarán 20 persoas para un novo obradoiro dual de emprego

O programa terá unha duración de nove meses e ofrecerá formación e traballo en xardinaría e albanelaría

teo rois obradoiro dual 30 setembro 2026

Rois / Teo – 30/09/2026 – O Concellos de Rois e Teo, poñen en marcha o Obradoiro Dual de Emprego Rois-Teo 2026, un programa que combina formación e traballo para mellorar as oportunidades laborais das persoas desempregadas.

As bases regulan a selección de 20 persoas como alumnado traballador, dez de Rois e dez de Teo, así como do equipo encargado de desenvolver o proxecto. O obradoiro contará con dez prazas de operacións básicas en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e outras dez de operacións auxiliares de albanelaría, revestimentos e pavimentos exteriores. Os contratos do alumnado traballador serán de nove meses a xornada completa.

En Rois, os traballos de xardinaría e mantemento previstos inclúen actuacións nas contornas dos edificios multiúsos de Rois e da Peruca, na escola e no parque infantil da Peruca, nos parques infantís de Urdilde e Lamego, na escola infantil de Sorribas e nas escolas unitarias da Calle. Tamén se prevé a recuperación do lavadoiro do Aido dentro da especialidade de albanelaría.

En Teo, o alumnado realizará tarefas de mantemento e conservación das sendas da rede de roteiros turísticos e traballará na adecuación do lavadoiro de Casalonga e da súa contorna.

Selección a través da oficina de emprego

Para optar ás prazas de alumnado traballador cómpre ter 18 anos ou máis, estar en situación de desemprego e figurar como demandante de emprego dispoñible no Servizo Público de Emprego de Galicia, ademais de cumprir os demais requisitos recollidos nas bases.

A oficina de emprego de Santiago Norte realizará a sondaxe de candidaturas. Posteriormente, comunicaráselles ás persoas preseleccionadas o prazo para achegar a documentación e o calendario do proceso selectivo.

As bases prevén tamén a contratación dunha persoa para a dirección, unha para a titoría, dúas para impartir as especialidades e unha para tarefas administrativas. A titoría e o posto administrativo serán a media xornada.

O proxecto, promovido polo Concello de Rois en colaboración co Concello de Teo, está subvencionado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía Social. As bases completas e as sucesivas fases da selección poden consultarse na páxina web municipal www.rois.gal.

Post navigation

Previous: A Maker Faire Galicia organiza unha Xornada de Industria
Next: Silleda descobre unha necrópole medieval na praza da Igrexa

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.