Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Tarxetas de Nadal con D.O. en Rois

rois-tarxetal-nadal-slide-10-decembro-2024(2)_r

Bisbarra, 10 de decembro do 2024 –  Unha tradicición en concellos como Rois é que as tarxetas de Nadal, coas que o municipio felicita as festas, sexan feitas polos máis cativos..

Tarxeta gañadora Nadal 2024 de Lía Seco Ares

O concurso de tarxetas de Nadal ten como obxectivo “fomentar a creatividade artística entre o alumnado de educación infantil e primaria dos centros educativos de Rois”. O xurado, formado por Gloria Lestido Beiró (representante do profesorado), Uxía Pérez Pose (representante do persoal municipal) e Laura Vidal Bralo (representante das ANPAS), reuniuse para avaliar os traballos presentados e decidiu os seguintes gañadores:

Na categoría de 1º a 3º de educación infantil: o alumnado da Galiña Azul de Rois.

En 4º a 6º de educación infantil: Álex López Rodríguez, de 4º de infantil no CEIP O Pumar Urdilde.

En 1º e 2º de primaria: Anxo Fabeiro Domínguez, de 1º de primaria no CPI Os Dices Rois.

En 3º e 4º de primaria: Idaira Vilariño Maseda, de 4º de primaria no CPI Os Dices Rois.

En 5º e 6º de primaria: Lía Seco Ares, de 6º de primaria no CEIP O Pumar Urdilde.

Na categoría especial de colaboración con persoas adultas: Lía Ríos Fernández, de 4º de infantil no CEIP O Pumar Urdilde.

A tarxeta seleccionada para enviar como felicitación institucional do Concello este Nadal foi a de Lía Seco Ares, gañadora da categoría E.

Todos os participantes recibirán un diploma como recoñecemento á súa implicación nesta iniciativa, que cada ano destaca polo alto nivel creativo dos traballos presentados.

A entrega dos premios terá lugar o vindeiro venres 20 de decembro, ás 18:00 horas, no auditorio municipal, antes da representación da obra “Carapuchiña Vermella”, incluída na programación de Outono Miúdo.

Post navigation

Previous: Onde morren o Sar e o Ulla
Next: Un novo mercado de Nadal, agora en Ames

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.