Rois, 23 de marzo do 2021 – O pleno municipal de Rois rexeitou as alegacións ós orzamentos 2021 que quedan aprobados de xeito definitivo.
O equipo de goberno (6 votos do PP) desestimou as propostas da Unión Sindical Obreira, USO, que apoiaron tanto socialistas (3 votos) como nacionalistas (1)
O alcalde, Ramón Tojo, asegurou que o Partido Popular foi o que fixo a primeira funcionarización de traballadores municipais neste século, recriminándolle a PSdeG e BNG que non fixeran durante o goberno bipartito o que agora reclaman.
Tanto BNG como PSdeG respaldaron as alegacións de USO, e consideran que o Concello debería converter en funcionarios a traballadores temporais e cubrir as prazas vacantes. A socialista Patricia Ces considera que a subrogación de persoal prevista cando se municipalice o Servizo de Axuda a Domicilio pode ser contraria a lei.
Unhas apreciacións coas que non coincide o alcalde. “Empezamos coa funcionarización e seguiremos traballando neste camiño”, concluíu.