Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Rois aproba o regulamento do Punto de atención á infancia

Rois: Aprobado en Pleno o regulamento de réxime interno e o prezo do comedor do PAI situado en Urdilde

MInuto de silencio polos crímenes de Gaza e noutros conflitos bélicos no mundo

O pleno de Rois aprobou tamén o prezo público do servizo de comedor. O PAI de Rois terá capacidade para atender 20 nenos de 3 meses a 3 anos.

MInuto de silencio polos crímenes de Gaza e noutros conflitos bélicos no mundo

O Pleno da Corporación de Rois aprobou o regulamento de réxime interno do Punto de atención a infancia (PAI) que está situado en Urdilde, cunha capacidade para atender a 20 nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos. Na sesión aprobouse ademais a ordenanza reguladora do prezo público do comedor do PAI. Ambos puntos saíron cos votos a favor do PP e a abstención de PSdeG e BNG.

O Concello de Rois mantén en proceso de licitación a xestión do Punto de atención á infancia, que comezará funcionar este mesmo ano. Para esta primeira matrícula terán preferencia os nenos e nenas que estean empadroados en Rois, xunto cos seus pais ou nais. O empadroamento deberá manterse durante todo o tempo no que as crianzas fagan uso da praza outorgada, segundo recolle o regulamento aprobado en este pleno.

A prioridade de grado 3 queda reservada para familias non empadroadas en Rois. O Punto de atención á infancia contará cunha praza de emerxencia social, que se ocupará por recomendación dos Servizos Sociais municipais.

O PAI funcionará de setembro a xullo, de 8.00 a 15.30 horas de luns a venres, salvo festivos, e contará con servizo de comedor. Estará pechado en agosto, coincidindo co período vacacional.

Unha vez que comece a funcionar o PAI, nos vindeiros cursos, terán prioridade de grado 1 as renovacións de menores que xa teñan praza e que estean empadroados en Rois xunto cos seus pais e nais.

A prioridade de grado 2 serán para novos ingresos de familias empadroadas no municipio, e o grado 3 mantense para familias non empadroadas. En caso de quedar prazas vacantes admitiranse matrículas fora do prazo fixado polo Concello. Hai que ter en conta que para reservar praza, a nena ou neno ten que ter cumpridos 3 meses (non se admiten reservas de menores que non teña nacido).

O PAI de Rois estará atendido por 3 profesionais, 2 de atención educativa e 1 persoa de apoio. No regulamento aprobado no pleno establécense as funcións dos cadro de persoal, normativa de matrícula e de admisión de menores, as normas de alimentación e convivencia, así como os dereitos e obrigas das familias, entre outros aspectos.

No debate, os dous grupos da oposición consideraron que o PAI non debería pechar no mes de agosto. O alcalde, Ramón Tojo, contestoulles que se mantén no PAI o mesmo criterio de funcionamento que na escola infantil, que tamén pecha en agosto

O punto foi aprobado cos votos a favor do equipo de goberno do PP (7) e a abstención do PSdeG (2) e BNG (1).

Prezo do comedor

Na sesión do pasado venres, a Corporación de Rois aprobou tamén a ordenanza que regula o prezo público polo servizo de comedor do PAI de Rois. O prezo que deberán pagar as familias é o establecido polo Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, no que a Xunta de Galicia fixa o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 anos.

Para o curso 2025-2026, a Xunta establece un prezo polo servizo de comedor que oscila entre a gratuidade e os 74,05 euros mensuais en función da renda familiar. O prezo público por día solto de comedor é de 4,23 euros.

Na ordenanza aprobada, o Concello de Rois establece bonificacións do 20% para familias numerosas e monoparentais, e para a segunda e sucesivas crianzas dunha mesma familia. Tamén se contemplan exención no pago do comedor para as rendas iguais ou inferiores aos 7.500 euros anuais a partires do segundo fillo, e para as familias acolledoras de menores con medidas administrativas de tutela ou garda.

Este punto foi aprobado cos votos a favor do PP e a abstención de PSdeG e BNG.

Post navigation

Previous: Nova tempada das Foliadas en Compostela
Next: Loita xudicial pola concesión de augas a ALTRI

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.