Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Reclaman unha nova ponte para Codesido, en Rois

A parlamentaria socialista Noa Díaz reclama da Xunta, entre outras cuestións, unha nova ponte para o lugar de Codesido en Rois.
rois-psoe-ponte-condesido-slide-1-decembro-2023_r

Bisbarra, 1 de decembro do 2023 – A parlamentaria socialista Noa Díaz presentou unha iniciativa para reclamar, entre outras cuestións, unha nova ponte para o lugar de Codesido en Rois.

Outra das peticións realizadas ao goberno autonómico, tamén no concello de Rois, é a mellora urxente da estrada autonómica entre Padrón e Bertamiráns pola travesía do Sisto. Unha intervención que ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria nunha estrada moi usada pola veciñanza da contorna.

O lugar de Codesido, na parroquia de Ribasar, é habitual que quede illado en canto o Sar aumenta o seu caudal. A responsable socialista reclámalle á Xunta que inclúa esta ponte nos proxectos de actuacións para a redución do risco de inundación na área fluvial río Ulla e río Sar de cara aos Orzamentos para 2024. Noa Díaz explicou que a Xunta ten publicada unha resolución dende decembro de 2022 para reducir o risco de inundación na área fluvial nos concellos de Valga e Padrón, deixando a Rois fora, e que ademais aínda non foi executada e volven ser incluídas nas contas de 2024.

Díaz tamén lle reclama á Xunta que asuma a mellora da seguridade viaria da estrada autonómica AC-300, que une Padrón, Brión e Bertamiráns, ao seu paso pola travesía do Sisto, na parroquia de Ribasar, no Concello de Rois. A responsable socialista reclamou a construción de beirarrúas, a mellora da sinalización e a instalación de pasos de peóns nunha estrada que rexistra o paso de todo tipo de vehículos.

Post navigation

Previous: A ANPA do CPI de Dodro organiza un curso de cociña Siria
Next: O pleno de Compostela serviu pata ratificar posturas sobre o radar de Conxo, a Casa da Xuventude ou a finca do Espiño

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.