Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Rois
  • Xeral

Rois preparase para o Santo Isidro

Cartel das festas de Santo isidro en Rois

Rois, 28/04/2026 – O Concello de Rois celebrará o venres 15 de maio o día grande das Festas do Santo Isidro Labrador cun programa que combina tradición, recoñecementos e propostas de lecer ao longo de toda a xornada.

José Luis Franco Pérez recibirá a homenaxe Santo Isidro Labrador pola súa traxectoria á fronte da taberna A Carballeira durante unha festa da que será pregoeiro o creador de contido Gabi García Calvo.

Os actos comezarán ás nove da mañá co lanzamento de bombas de palenque e cunha alborada en Urdilde e Rois a cargo do Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima. Ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne cantada na igrexa parroquial de San Mamede de Rois.

A partir das 14.00 horas desenvolveranse no pavillón de Rois os actos centrais da festa. O alcalde, Ramón Tojo Lens, será o encargado de presentar o evento, no que intervirá como pregoeiro Gabi García Calvo, creador de contido en galego e veciño do municipio. No mesmo acto entregarase o premio ao cartel anunciador das festas, que nesta edición corresponde á obra de María Dolores Busto Beade.

O momento principal será a homenaxe Santo Isidro Labrador a José Luis Franco Pérez, rexente da taberna A Carballeira, na parroquia de Sorribas. O establecemento abriu as súas portas no ano 1979 e desde entón mantén unha actividade continuada vinculada á vida da contorna.

Ao longo de máis de corenta e cinco anos, José Luis Franco desenvolveu o seu traballo neste negocio familiar, que se consolidou como lugar de encontro para a veciñanza e como espazo de relación social no medio rural.

Xantar popular con 700 persoas, na edición do ano pasado.

Tras os actos institucionais, ás 15.00 horas, celebrarase o xantar popular no polideportivo de Rois. As persoas interesadas en asistir deberán retirar a súa entrada no Concello de Rois ata o 11 de maio, previo pagamento na entidade bancaria. O prezo será de 15 euros para veciños e veciñas de Rois, 10 euros para nenos e nenas do municipio de 10 anos ou menos e 30 euros para persoas non empadroadas.

A programación da tarde continuará no recinto do CPI Plurilingüe Os Dices, onde haberá unha sesión de música e animación con actuación de Antonio Barros e Ialma. O espazo contará tamén con inchables, xogos e obradoiros dirixidos a diferentes idades. A partir das 23.00 horas, o campo da festa acollerá a verbena coa orquestra Saudade e a disco móbil Apocalipsis.

Programación deportiva

As festas do Santo Isidro inclúen tamén citas deportivas en datas próximas ao día grande. O sábado 9 de maio celebrarase o XIX Premio Ciclista do Santo Isidro, Trofeo Suso Blanco Villar, a partir das 16.00 horas, con participación das categorías cadete e júnior, tanto en modalidade masculina como feminina.

O domingo 17 de maio terá lugar a VII Andaina do Santo Isidro Labrador, que coincide coa xornada das Letras Galegas. A saída está prevista para as 10.00 horas, con recollida de dorsais desde as 8.30 horas no pavillón polideportivo de Urdilde. As inscricións deberán formalizarse a través da páxina web www.emesports.es.

Punto Lila

O Concello de Rois instalará un Punto Lila durante a celebración da festa o venres 15 de maio, tras a experiencia da edición anterior. Estará situado nunha carpa a pé do campo da festa e funcionará entre as 00.00 e as 3.00 h como espazo de información e apoio. Nel ofreceranse recursos en materia de igualdade e atención confidencial ante posibles situacións de acoso ou agresión, co obxectivo de contribuír a que a celebración se desenvolva nun ambiente de respecto e convivencia.

Post navigation

Previous: Este xoves preséntase a “Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia”
Next: Problemas na senda de Figueiras e nas obras da DP-7804 en Santiago

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.